ADMISIÓN ALUMNADO 24-25
Vacantes ofertadas
4º Educación Infantil: 20 prazas (3 NEAE)
5º Educación Infantil: 12 prazas
6º Educación Infantil: 12 prazas
1º Educación Primaria: 8 prazas (3 NEAE)
2º Educación Primaria: 9 prazas
3º Educación Primaria: 5 prazas
4º Educación Primaria: 7 prazas
5º Educación primaria: 4 prazas
6º Educación primaria: 12 prazas
Normativa de referencia
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 21 de outubro de 2022,pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación.
Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-25.
RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
IES adscrito
- IES Monte da Vila
Servizos ofertados polo centro
- Transporte escolar
- Comedor escolar
Enlace aplicación
Marcha pola Paz 2024 (2ªedición)
O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Non Violencia e Da Paz. Comezamos cunha andaina arredor do centro acompañados das familias do noso alumnado. Esta é a segunda edición e esperamos poder realizar moitas máis.
Moitas grazas por acompañarnos!
De volta ao cole alumnado e profesorado fomos ao campo de herba escoitar un manifesto pola paz escrito polos nenos e nenas de sexto curso de primaria.
Por outra banda, o alumnado de cuarto tamén leu o seu propio manifesto e recitaron os versos da canción Imagine de John Lennon, en inglés e en galego.
Finalmente, todos os rapaces e rapazas acompañados dos mestres/as fixemos un baile ao ritmo da canción de Mama Cabra "Baile da Paz".
Alumnado de 6º de Educación Primaria > reserva de praza no IES adscrito
Aberto o prazo para a reserva de praza do alumnado de 6º curso de Educación Primaria no IES Monte da Vila.
Prazo: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro
Podedes consultar a información no seguinte enlace:
As solicitudes de reserva podense cumprimentar de dúas maneiras:
- De xeito manual, empregando o formulario en papel (arquivo adxunto).
- A través da aplicación: solicitudes > reserva > crear
Presentación das solicitudes:
- No centro educativo (en horario de 9 a 9.35, de 11.15 a 12.05 e de 13.45 a 15.45h).
- A través da sede electrónica (será necesaria a Chave365 ou o certificado dixital).
O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non:
Usuarios sen identificar: unha vez introducidos todos os datos deberán premer no botón crear , aparecendo unha mensaxe que permite descargar a solicitude e o anexo I que deberán presentar no centro educativo.
Usuarios identificados: unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo.
Pinchando no arquivo adxunto podedes descargar a solictude para cubrir de maneira manual.
*O alumnado que teña intención de estudar noutro instituto diferente terá que esperar a que se abra o proceso ordinario de admisión (xeralmente a partir do 1 de marzo) e terán que recoller os impresos de solicitude no instituto elixido.
CONCURSO PILABOT
Este curso imos participar no concurso PILABOT promovido pola Xunta de Galicia, Ecopilas, ERP e Ecolec, no que os centros teñen que recoller o maior número posible de pilas ou acumuladores.
Pregamos que nos axudedes para poder conseguir premios que nos permitan a adquisición de material para o centro así como a realizacion de actividades educativas.
**Pinchando no arquivo adxunto podedes ampliar a información.
Grazas a todos/as pola vosa colaboración!!!
SAMAÍN
Día das bibliotecas
O telexornal de Conmeniño
Presentamos a primeira edición do Telexornal do Conmeniño para iniciar o proxecto deste curso:
CONMENIÑO OLÍMPICO: XUNTOS CARA A META!