slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Visita do Refuxio de animais de Cambados

No día de onte recibimos a visita de Olga que traballa no Refuxio de animais de Cambados. Veu moi ben acompañada por Clau, unha cadela moi agarimosa, e por tres gatiños que aínda non teñen nome, e que causaron sensación entre alumnado e profesorado. 

Deixamos algunha foto para que coñezades a estes animais que nos fixeron pasar tan bo rato.

 

Moitas grazas a Olga e aos seus acompañantes pola visita e por todo o que nos ensinaron, e tamén, moitas grazas a todos pola vosa resposta á hora de colaborar co refuxio traendo comida, produtos de limpeza ...

Mirade como estaba a nosa mesa!!!!!

 

Polo correo do vento

Hoxe visitaron o noso centro Polo correo do vento, cunha sesión de contos, música e debuxo, na que fixeron unha viaxe pola biografía de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado nas Letras Galegas 2023. 

A actividade estivo dirixida ao alumnado de Primaria, que se converteron en pequenos ilustradores realizando, de forma guiada, unha caricatura de Fernández del Riego. 

Foi unha sesión moi divertida e interesante, grazas Polo correo do vento pola visita, esperamos volver contar con vós!!!!

 

 

Animais en adopción no Refuxio de animais de Cambados

O alumnado de infantil estivo deseñando carteis con fotos dalgúns dos cans e gatos que actualmente están en adopción no Refuxio de animais de Cambados, para colocalos polo Grove e intentar atoparlle unha familia.

Este xoves 8 de xuño virán facernos unha visita ao centro para contarnos como é o día a día no Refuxio, a responsabilidade que implica ter unha mascota, a importancia de adoptar... e lembrarvos que seguimos coa campaña de recollida de alimentos e produtos de limpeza que lle entregaremos a eles o día que veñan. Animádevos a colaborar!!!

Agradecemos que compartades esta información entre amigos, familiares...

Podedes atopar máis datos na páxina oficial do Refuxio de animais de Cambados. 

Moitas grazas e contamos coa vosa

colaboración, un pequeno xesto pode

cambiar a vida de calquera destes

animais!!!

 

 

Axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar (curso 23/24)

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove informa que a partir do día 1 de xuño e ata o 30 do mesmo mes estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro curso 2023-2024.

As axudas van dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

As axudas concederanse tendo en conta o nivel de ingresos familiares, e será requisito imprescindible cursar estudos en centros sostidos con fondos públicos do concello do Grove.

As solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do solicitante.

- Fotocopia do libro de familia (de todas as follas).

- Volante de empadroamento familiar (será solicitado polo propio departamento de Servizos sociais)

- Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia (preferentemente declaración da renda do exercicio de 2022).

- Xustificante de matrícula.

- Contrato/recibo do aluguer do piso ou do pagamento da hipoteca

A documentación deberá entregarse no SERVIZO de REXISTRO MUNICIPAL (Edificio Administrativo do Concello. Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero nº 3, planta baixa).

*Nos arquivos adxuntos podedes consultar a información e descargar a solicitude. 

Limpando as praias con "Amicos"

O mércores pasado o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º curso do Ceip Plurilingüe de Conmeniño levou a cabo unha grande recollida de lixo mariño na praia da Mexilloeira do Grove. 

Estiveron acompañados, entre outros, de voluntarios da Asociación Amicos que xa viñeran ao centro neste curso a realizar actividades relacionadas co noso proxecto "Conmeniño Solidario".

Foi unha gran experiencia que esperamos repetir!!!

Pinchando na foto podedes ver a información recollida no Diario de Arousa. 

  

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

A semana pasada disfrutamos dunha chea de actividades programadas con motivo da Semana das Letras Galegas. 

O martes recibimos unha visita moi especial, Cinco en Zocas estiveron no noso centro para compartir connosco a súa música. Pinchade na foto para que poidades ver o ben que o pasamos!!!!

Durante todos estes días, ademais, estivemos a realizar unha serie de actividades en colaboración co CEIP As Bizocas, eles entregáronnos os seus traballos e nós, pola nosa parte, confeccionamos os nosos para que o fixeran os nenos e nenas do cole. Deixamos imaxes para que vexades o divertida que nos resultou esta actividade!!!!

E xa para rematar, o venres 19 festexamos o final desta semana cantando e bailando con Cantodorxo que nos ofreceron unha mostra de baile e música tradicional galega acompañados dalgunhas das nosas alumnas. 

Pinchando na imaxe coñeceredes máis detalles desta marabillosa visita!!!

  

Contacontos especiais

Esta semana tivemos a sorte de contar no noso centro coa visita do alumnado de 2º curso da ESO do IES Monte da Vila. Pasaron polas clases de Infantil e de 1º e 2º curso de Primaria a contar algunha das nosas historias preferidas.

Moitos destes rapaces/as estudaron aquí polo que foi un encontro moi especial e emotivo. 

Graciñas pola visita e esperámosvos para o vindeiro curso!!!!

 

 

 

Convocatoria axudas para alumnado con NEAE para o curso 23/24

Ata o 20 de setembro estará aberto o prazo para que as familias presenten a solicitude no centro. 

As solicitudes cumprimentaranse mediante o formulario accesible na seguinte ligazón.

ou  a través da Sede Electrónica na seguinte ligazón.

 É recomendable que o alumnado que cambie de centro entregue a solicitude no novo centro. 

Convocatoria fondo solidario de libros de texto e axuda para adquirir libros de texto e material escolar no curso 23-24

O día 19 de maio de 2023 publicouse no DOGA a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/24: 

- axuda para adquirir libros de texto para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria (160 ou 240 euros en función da renda per cápita familiar). 

fondo solidario de libros de texto para o alumnado que vaia cursar 3º e 4º de Educación Primaria. O alumnado de 5º e 6º de EP non terán libros de texto xa que teñen E-Dixgal. O alumnado que vaia cursar 1º da ESO deberá tramitar a solicitude no instituto.  

- axudas para adquirir material escolar destinado a todo o alumnado matriculado en Educación primaria (60 ou 75 euros en funión da renda). 

PRAZO:

Entre o 22 de maio e o 21 de xuño de 2023. 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros , a través da sede electrónica da Xunta.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro,no seguinte horario

Luns: de 9.00 a 10.15h.

Martes: de 9.00 a 10.15 e de 12.00 a 13.30h. 

Mércores: de 9.00 a 9.30 e de 12.00 a 13.30h.

Xoves: de 9.00 a 9.30 e de 12.00 a 12.50h.

Venres: de 9.00 a 9.30 e de 12.00 a 12.50h.

Todos os días: de 14.00 a 15.45h

DOCUMENTACIÓN  A PRESENTAR

ANEXO I

ANEXO II

- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

E ademais, de ser o caso: 

- sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.

- volante de convivencia.

- documentación xustificativa de violencia de xénero, que se poderá acreditar de calquera das formas que se enumeran no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

- certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia). 

 * Nos arquivos adxuntos podedes consultar a Orde de convocatoria e os anexos. 

  

Listaxe definitiva admitidos curso 23-24

 

Todo o alumnado que presentou solicitude neste centro resultou admitido. 

Podedes consultar a listaxe definitiva no taboleiro de anuncios do centro e na aplicación admisionalumnado (necesaria a Chave365).

Lembrar que o prazo de formalización da matrícula estará aberto do 20 ao 30 de xuño. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer