slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Rutas transporte escolar 22-23

Estimadas familias

Pinchando no documento adxunto podedes consultar as rutas do bus neste curso 22-23. 

COMEZO DE CURSO 2022-2023

Estimadas familias

Benvidas de novo ao cole!

Informarvos que o vindeiro xoves día 8 darán comezo as clases tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.

Entradas:

O horario de entrada será escalonado:

Educación Infantil: entre as 8.35 e as 8.45

Educación Primaria entre as 8.30 e as 8.45

Lembramos a importancia da puntualidade.

 

Se non chove, os titores/as recibirán o primeiro día ao alumnado no patio exterior. O resto dos días os titores/as farán garda nas aulas (a partir das 8.30h) e os especialistas serán os encargados das gardas nas entradas, tanto dianteira como traseira. O alumnado irá accedendo ás aulas a medida que vaian chegando. 

Debido á mellora da situación sanitaria neste curso todo o alumnado accederá pola cancela principal (cancela verde).

Só poderán entrar a acompañar ao alumnado ata a porta do centro as familias de Educación Infantil e do 1º curso de Educación Primaria.

Portas de entrada:

·      - Educación Infantil, 1º , 2º e 3º de Educación Primaria: entran pola porta dianteira.

·              -  4º, 5º e 6º de Educación Primaria, entran pola porta traseira.

 

Saídas:

13.35: saída alumnado Educación Infantil 

13.45: saída alumnado Educación primaria

 Do mesmo xeito que nas entradas, so as familias de Educación Infantil e do 1º curso de Educación Primaria poderán recoller ao alumnado dentro do recinto escolar, o resto deberá permanecer fóra da cancela verde onde o profesorado correspondente entregará ao alumnado que vaia para casa.

Ao longo deste curso escolar a páxina WEB do centro así como o AbalarMóbil serán dous mecanismos de comunicación moi frecuentes, polo que vos pregamos que os revisedes de xeito habitual. 

Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou consulta a través das seguintes canles:

Teléfono: 886151430

Correo electrónico: ceip.conmeninho@edu.xunta.gal

 

Moitas grazas e bo comezo de curso!

Formalización matrícula curso 2022-2023

Estimadas familias,

Lembrarlles que o próximo día 20 de xuño comeza o prazo para a formalización da matrícula para o vindeiro curso 2022-2023

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Os impresos serán entregados na secretaría do centro a partir de hoxe, xoves día 16 de xuño.  

Convocatoria fondo solidario de libros de texto e axuda para adquirir libros de texto e material escolar no curso 22-23

 

 O día 18 de maio de 2022 publicouse no DOGA a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022/23: 

- axuda para adquirir libros de texto para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria (140 ou 210 euros en función da renda per cápita familiar). 

fondo solidario de libros de texto para o alumnado que vaia cursar 3º e 4º de Educación Primaria. Todo o alumnado destes niveis poderá solicitalo. 

- axudas para adquirir material escolar destinado a todo o alumnado matriculado en Educación primaria , con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros. A axuda será de 50 euros.

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

PRAZO:

Desde o día 19 de maio ata o 22 de xuño. 

PROCEDEMENTO:

A través das seguintes canles: 

* de maneira telemática a través da aplicación "fondodelibros" empregando o formulario ANEXO I e ANEXO II (será necesaria a Chave365 ou o certificado dixital).

* presentando a solicitude no centro , o ANEXO I e o ANEXO II debidamente asinados e acompañados da documentación precisa. 

Horario de atención en secretaría

Todos os días en horario de 13.45 a 14.45h. 

Luns e martes en horario de 9.15 a 10.25h. 

Martes, mércores, xoves e venres: de 11.30 a 12.55. 

 

DOCUMENTACIÓN

ANEXO I

ANEXO II

- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

E ademais, de ser o caso: 

- sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.

- volante de convivencia.

- documentación xustificativa de violencia de xénero, que se poderá acreditar de calquera das formas que se enumeran no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

- certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia). 

 

*En calquera caso, esta documentación deberá ser válida e eficaz no momento da súa presentación e reflectir a situación real a 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores. 

 * Nos arquivos adxuntos podedes consultar a Orde de convocatoria e os anexos. 

 

Listaxe definitiva de admitidos para o curso 2022-2023

Xa podedes consultar a listaxe definitiva de admitidos no taboleiro de anuncios do centro ou ben, de maneira telemática (con Chave365 ou certificado dixital) na aplicación : 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 Lembrade que a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. 

Para calquera dúbida:

886 15 14 30

Modificación concreción curricular 2021-2022

En relación á Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacherelato  no sistema educativo de Galicia actualizáronse os criterios de promoción do alumnado da etapa primaria. Podedes consultar a información no ficheiro adxunto, e o resumo da información no segundo ficheiro. 

A dirección

Listaxe provisional de admitidos para o curso 22-23

Unha vez rematado o prazo para a presentación das solicitudes de admisión, informar que todas as solicitudes foron admitidas

Podedes consultar a listaxe provisional no taboleiro de anuncios do centro ou ben, de maneira telemática (con Chave365 ou certificado dixital) na aplicación : 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 Lembrade que a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. 

Proceso de admisión para o curso 22-23

PRAZO: do 1 ao 21 de marzo

PROCEDEMENTO: a través das seguintes canles: 

  • De maneira telemática a través da aplicación "admisionalumnado" (será necesaria a Chave365 ou o certificado dixital).  (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
  • Presentando a solicitude no centro escollido como primeira opción. Dita solicitude poderá descargarse do documento adxunto ou solicitala na Secretaría do Centro. 

DOCUMENTACIÓN:

  • Modelo de solicitude cuberto.
  • Documento acreditativo da idade do alumno/a (DNI ou libro de familia).
  • Certificado oficial do expediente académico (agás no caso de 4º de Educación Infantil).
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar (sempre e cando se denegue a súa consulta na solicitude).
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de ser o caso. 

 A TER EN CONTA

  • En caso de separación ou divorcio a solicitude deberá ir firmada polos dous proxenitores (agás no caso de que a patria potestade estea atribuída a unha das dúas persoas ou nos casos de violencia de xénero).
  • So se poderá presentar solicitude no centro educativo escollido en primeiro lugar.
  • O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro , no caso de presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao centro de orixe. 

 CONSULTA

O centro publicará as listaxes de admitidos e non admitidos: 

  • Listaxes provisionais: antes do 25 de abril (reclamacións, 5 días hábiles contados a partir da publicación).
  • Listaxes definitivas: antes do 15 de maio. 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Entre o 20 e o 30 de xuño de 2022. 

OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 22-23:

 CURSO  VACANTES
 4º EDUCACIÓN INFANTIL  25+ 3 *NEAE
 5º EDUCACIÓN INFANTIL  16
 6º EDUCACIÓN INFANTIL  13
 1º EDUCACIÓN PRIMARIA  13+ 3 *NEAE
 2º EDUCACIÓN PRIMARIA  11
 3º EDUCACIÓN PRIMARIA  12
 4º EDUCACIÓN PRIMARIA  19
 5º EDUCACIÓN PRIMARIA  6
 6º EDUCACIÓN PRIMARIA  7

 *NEAE: reservadas a alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO

 Orde 12 de marzo de 2013

Orde do 25 de xaneiro de 2017

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2022!!

Estimadas familias

A vindeira semana comezaremos a nosa celebración do Entroido 2022. Desde o luns, día 21, ata o xoves, día 24, atenderemos aos mandadiños do Meco, e o venres, día 25, viremos disfrazados da temática do centro neste curso, "Países do mundo". Ademais, aqueles rapaces/as que o desexen poderán traer de merenda doces típicos desta época do ano. 

Deixamos no adxunto o cartel cos "mandadiños"

 

Feliz Entroido!!!!!entroido

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023 CENTROS ADSCRITOS

Estimadas familias

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación: 

admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) no menú: Solicitudes > Reservas > Crear.

Esta solitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. 

Adxúntanse os anexos correspondentes para a formalización da reserva.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro. 

Un saúdo

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer