Skip to Content

ADMISIÓN CURSO 2024-2025

 

Estimadas familias,

Tal e como establece o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022, o prazo para poder realizar a admisión de alumnado para o curso 2024-2025 será do 1 ao 20 de marzo.

Poden presentar a solicitude de admisión electronicamente, a través da páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado  ou fisicamente, para o que poderán, descargar o formulario en dita páxina ou adxunto nesta publicación ou vir polo centro a recollelo en papel.

Para poder realizar a admisión deberase presentar:

-           O formulario ED550B e o anexo II-bis

-           Fotocopia do libro de familia

-           DNI (só en caso de que non se autorice a súa consulta).

-           No caso de que se dea algunha das seguintes situacións deberán presentar tamén os certificados pertinentes:

  • En caso de divorcio: sentencia reguladora de separación ou divorcio.
  • En caso de familia monoparental: certificado de familia monoparental.
  • En caso de situación de vítimas de violencia de xénero: acreditación da condición de vítima de violencia de xénero.
  • En caso de acollemento: resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento.
  • Certificado de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

 

DATAS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

Prazo de presentación de solicitudes de admisión

01 ao 20 de marzo

Presentación de documentación (no caso de baremar)

Días hábiles entre o 21 de marzo e o 11 de abril.

Publicación dos listados provisionais de alumnado admitido e non admitido

25 de abril

Prazo de reclamación das listas provisionais

5 días hábiles dende a publicación das listas provisionais

Publicación listas definitivas admitidos e non admitidos

15 de maio

Formalizar matrícula

Do 20 ao 30 de xuño

VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

CURSO

VACANTES

4º Inf.

17+3 NEAE

5º Inf.

1

6º Inf.

1

1º E.P.

10

2º E.P.

8

3º E.P.

4

4º E.P.

8

5º E.P.

12

6º E.P.

9

*Poden xurdir vacantes no caso de que alumnado do colexio solicite admisión no período ordinario noutros centros educativos.

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6ºEP NO I.E.S. RAMÓN CABANILLAS PARA O CURSO 2024-2025

Dende o día 15 de xaneiro de 2024 pódense iniciar os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición (IES Ramón Cabanillas) para alumnado que cambia de etapa.

Solicitude de ReservaPrazo do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

Poden facelo a través da páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ (onde tendes toda a información) e presentalo en https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A ou entreganbdo na secretaría do colexio o formulario que entregaremos ao alumnado de 6ºEP.

Actividades con Escola Verde dentro do Plan Proxecta

Escola Verde de CEIP DE CORVILLÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut