XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro 22 de febreiro (de 18 horas a 20 horas) teremos a

Xornada de Portas Abertas no CEIP "O Couto". Vinde a visitarnos !

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2019

O 30 de xaneiro celebramos no CEIP "O Couto" unha Carreira Solidaria para conmemorar o Día Escolar pola Paz. 

 

Día da Paz 2019 by Slidely Slideshow

RESERVA DE PRAZA PARA 1º DE ESO

 

Os alumnos matriculados neste curso 2018/2019 no CEIP O Couto en 6º de Primaria, que teñan previsto continuar os seus estudos de secundaria o próximo curso 2019/2020 no IES O Couto,

centro ao que estamos adscritos, teñen de prazo dende o 1 de febreiro ao 15 de febreiro de 2019 para presentar na secretaría do CEIP O Couto a súa solicitude.

 

Tamén é posible facelo online no seguinte enderezo web:

www.edu.xunta.es/admisionalumnado

RECOLLIDA DE SINATURAS PARA DOTACIÓN DE ENFERMEIROS/AS ESCOLARES

Na Secretaría do noso centro estamos recollendo sinaturas para a PROPOSICIÓN NON DE LEI que dotaría de enfermeiros/as aos Centros Escolares.

 

A Proposición non de Lei conta cos apoios de diversas asociacións que pasamos a nomear: Federación Galega de Diabetes, Unión Galega de Epilepsia, Federación Autismo Galicia, Asociación de Déficit de Atención Hiperactividade e Necesidades específicas de apoio educativo, Asociacións de Nais e Pais (CONGAPA e CONFAPA), Colexio de Enfermería de A Coruña e Consello Galego de Médicos. 

 

Podedes acceder aquí a todo o texto da PROPOSICIÓN NON DE LEI

 

 

O NOSO BELÉN

 

CEIP O Couto's Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

MAGOSTO 2018

O Magosto do CEIP O Couto by Slidely Photo Gallery

MAGOSTO 2018

Como todos os anos puidemos celebrar entre todos/as a nosa festa máis especial, os MAGOSTOS. Tivemos xogos populares, concursos, música...e por suposto, castañas asadas!! 

 

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

O CEIP de O Couto acolleu o día 8 de novembro o obradoiro de primeiros Auxilios "Pupas Sustos e outros Desgustos" iniciativa de saúde comunitaria, pioneira en Galicia, promovida e desenvolvida pola Enfermería de Atención Primaria, que ten por obxectivo formar aos escolares de 3º e 4º de primaria mediante un taller práctico, de dúas horas, no que os nenos aprenden, a través do xogo e a simulación, a actuar ante situacións comúns, como golpes ou feridas e situacións de emerxencia.

O seu equipo docente está formado por enfermeiras de distintos Centros de Saúde, xunto con residentes en formación de Enfermería Familiar e Comunitaria (EIR), estudantes de enfermería e técnicos de emerxencias.

 

 
   

GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO

FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO (Relación definitiva)

 

.-ADMITIDOS

.-EXCLUÍDOS

VOCEIRO 2017

                   Como todo o "BO" fíxose de rogar...PERO ...
" A todo santo lle chega o seu día"
VOCEIRO 2017


 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031