Organigrama, Consello escolar, Claustro, Equipo Directivo, Organización funcional

Organización funcional

Organización funcional

Equipos de traballo

Equipo Directivo

O equipo directivo está formado por:

Director: Jorge Emilio Bóveda Álvarez
Xefa de estudos: María Ballester Rodríguez
Secretaria: Sonia Rodríguez Paz

Cada membro asume as competencias que, por lei, ten encomendadas e aquelas que o consello escolar consensúe de cara á boa organización e xestión deste centro específico.

Aínda que o equipo directivo non é órgano colexiado, buscamos un funcionamento onde se compartan información e opinións, se manteña a unidade do equipo e onde o claustro e o consello escolar, aínda que órganos de participación, sexan os puntos de referencia obrigados no desempeño da nosa función.

A xestión do centro é democrática. Infórmase clara e puntualmente ó profesorado de todo o que atinxe ó funcionamento do Centro, tendo en conta sempre as marxes de discreción relativas ós distintos tipos de problemas.

Reúnese, como mínimo, dúas veces por semana.

Funcións do Claustro

Son competencias do Claustro:

Elevar ó Equipo Directivo propostas para a elaboración dos proxectos educativo e curricular do Centro e da programación xeral anual.

Aprobar e avaliar os proxectos curriculares e os aspectos docentes da programación xeral anual, conforme o proxecto educativo do Centro.

Determinar cal é a lingua materna predominante entre os alumnos e alumnas, así como a lingua ambiental, co fin de que o profesorado de educación infantil e primeiro ciclo a use na clase coidando á súa vez que adquiran de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo.

Aprobar o procedemento que permita determinar de xeito individualizado o coñecemento da lingua materna dos alumnos e alumnas co fin de que sexan atendidos adecuadamente.

Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do Centro.

Elixir os seus representantes no consello escolar do centro e no consello directivo do Centro de formación continuada do profesorado.

Funcións do Consello Escolar

                O Consello Escolar ten as seguintes funcións:

Establecer as directrices e elaborar propostas para  o Proxecto Educativo do Centro, aprobalo, avalialo e, se é o caso, introducir modificacións, sen prexuízo das competencias que o claustro de profesores ten atribuídas en relación coa planificación e organización docente.

Elixir o Director do Centro.

Propoñer a revogación do nomeamento do Director, logo de acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous tercios.

Decidir sobre a admisión de alumnos, con suxeición ó establecido na lexislación vixente.

Aprobar e modificar o Regulamento de Réxime Interior do Centro.

Resolver os conflictos e impoñer as correccións con finalidade pedagóxica que corresponda a aquelas conductas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do Centro.

Aprobar o Proxecto de Orzamento do Centro e a execución del.

Distribuir contido