EN FAVOR DA PAZ

O pasado venres 18 de marzo  fixemos un acto solidario a última hora da mañá no patio do colexio. Saímos todos os nenos e nenas, xunto cos profes e cantamos a canción "A peor xogada" do grupo A Música das Baleas, gañador na categoría infantil do IV Certame de música infantil e xuvenil Quero cantar. É unha canción preciosa cunha preciosa letra pacifista.