Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

REGRESA O CLUBE DE CIENCIA!

Esta semana comezamos neste curso unha nova tempada do Clube de Ciencia coa axuda de #cienciadivertida.

 

O alumnado gozou cos distintos experimentos e experiencias que lles brindou manipular distintos materiais e as reaccións que provocaban ao interactuar entrre sí.

 

Vémonos na seguinte!

 

Un saúdo!

 

FELIZ ANINOVO!

Desde o CEIPP de Artes desexámosvos boas festas e un bo inicio de ano 2024.

No centro xa demos a benvida o novo ano con música, gusanitos e chocolatada, pasando unha xornada moi amena, rematando con distintos xogos.

Un saúdo a tod@s! Ata o ano que ven!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

Moi boas!

Desde o Ceipp de Artes queremos desexarvos un feliz Nadal a tod@s e aproveitando este tempo de lecer deixámosvos estas recomendacións lectoras para que podades gozar delas. Están adaptadas por idades e poden ser tamén un bo pasatempo nesta época de tanto tempo libre.

Un saúdo e felices festas a tod@s!

Mercadillo solidario

Alumnos do CEIPP de Artes e do CEIP Plurilingüe o Grupo realizaron un mercadillo solidario, no cal intercambiaron libros por alimentos.

A actividade levouse a cabo nos soportais da casa consistorial logrou reunir 700 quilogramos de alimentos, que foron entregados a Cáritas e ICE Renovación para repartilos entre os seus beneficiarios.

 

SORTEO DA CESTA DA EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO.

Hoxe celebrouse , tal e como indicaban as rifas, o sorteo da cesta do viaxe de fin de curso a Londres.

 

O número premiado foi o ...               

 

                              483

 

https://drive.google.com/file/d/1RxCuqmzXRe5Zh74gY19ZFc2WHLT5QubW/view?u...

 

O horario de recollida para a persoa agraciada é de luns a xoves de 9 a 2 pola mañá e de 16 a 18 pola tarde.

En caso de que o gañador non apareza antes do luns 15 de maio, levarase a cabo un novo sorteo.

 

Un saúdo!