BENVIDOS A PÁXINA WEB DO CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS!!!

 

 

 

CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS ( O Porriño )

Covelo s/n - CP - 36418

Tlfnos. 886110483

             886110484  

 Fax.    886110485

E-mail: ceip.atios@edu.xunta.es

36018422

 

Se queres visitarnos pincha aquí:

 

para mais información pincha o adxunto.

 

 

CAMPAMENTO DE VERÁN

Dende a ANPA queremos ofrecervos a posibilidade de poder deixar aos vosos nen@s no CAMPAMENTO DE VERÁN organizado por CÓXEGAS.
Dende o 24 de xuño ata o 10 de setembro, con horario opcional de 08:00 a 16:00.
Onde os nenos disfrutarán dunha convivencia ademáis de realizar actividades de cociña , xogos, cine , manualidades...
Para máis información podedes chamar ao teléfono: 635 768 655 ou escribir ao mail:

coxegasanimacion@gmail.com

Grazas! Agadámosvos!

ADMISIÓN ALUMNADO VINDEIRO CURSO 2024/2025

Infórmase que foi admitido todo o alumnado que presentou solicitude neste centro para o vindeiro curso escolar 2024/2025.

Do 20 ao 30 de xuño terase que realizar a Formalización de matrícula polo que preto desas datas deberán estar pendentes desta web xa que se publicará información ao respeto.

*Convocarémosvos por correo electrónico a unha reunión nesas datas.

Podedes aproveitar para entregar a documentación solicitada.

 

CAMPAMENTO CONCILIA EN SEMANA SANTA

Dende a ANPA queremos ofrecervos a posibilidade de poder deixar aos vosos nen@s no campamento de semana Santa que organiza CÓXEGAS.
Para os días 25-26-27 de marzo e 1 de abril e con horario opcional de 08:00 a 16:00 e de 9:00 a 14:00.
Onde os nenos disfrutarán dunha convivencia ademáis de realizar actividades de cociña , xogos, cine , manualidades e tamén a busqueda de ovos de Pascua.
Para máis información podedes chamar ao teléfono: 635 768 655 ou escribir ao mail: coxegasanimacion@gmail.com
Grazas! Agadámosvos!

 

XORNADA GASTRONÓMICA ROMA

Dende a empresa de comedor comunícannos que este xoves 14 de marzo celebraremos a xornada gastronómica de Roma cun menú típico e actividades diversas relacionadas coa cidade italiana.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

MATRICULACIÓN ESCOLAR CURSO 2024/2025

Comunicámoslles que do día 1 ao 20 de marzo incluído estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2024/25.

*Poderán cubrir ou descargar os impresos na seguinte aplicación

www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1-Cubrir a solicitude informáticamente, descargala e presentala asinada de xeito manual no centro.

2-Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital. Ademais debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.
3-Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

*A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

- Fotocopia do libro de familia (todas as follas que estean cubertas).

- Certificado do colexio de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2023-2024 (só alumnado procedente doutro centro).

- Xustificante de empadronamento conxunto (onde figuren todas as persoas que convivan no domicilio familiar).

- Convenio regulador ou Resolución xudicial en caso de separación ou divorcio.

- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.

 

* Si escolle a opción de presentar a solicitude coa documentación no colexio poderá facelo en horario de Secretaría: de luns a venres de 11:00h. a 11:40h.

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

*Na solicitude poderán pedir ata 6 colexios por orde de preferencia.

*A solicitude entregarase no centro solicitado en primeiro lugar.

*A solicitude de admisión é única para cada alumno/a, por tanto non se poden presentar solicitudes en varios colexios. Só se podería facer si se renuncia á solicitude anterior (para iso tería que indicalo no recadro correspondente na nova solicitude que se presente).

*A existencia de varias solicitudes (sen renuncia) poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.

*Datas:

-Publicación de listaxe provisional de admitidos e non admitidos: 25 de abril

-Publicación de listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: 15 de maio

-Formalización de matrícula para Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño

 

CONCURSO MASCOTA BIBLIOTECA 2024

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E SEXUAL

ESTADES CONVIDADOS AO OBRADOIRO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E SEXUAL.

CAMPAMENTO CONCILIA NO ENTROIDO

Dende a ANPA do centro nos informan de que durante os días non lectivos de Entroido celebrarase un campamento con actividades para todas as familias que o desexen. Se estades interesados podedes contactar coa ANPA
atiosanpa@gmail.com
 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer