Recollida solidaria- A HORA E DAR

Estimadas familias:

 

Dende o Concello do Porriño, e tal e como acordaron os nenos e nenas no pleno do consello municipal de infancia celebrado o pasado 20 de novembro, con motivo da conmemoración do día dos dereitos da infancia, voltaremos a organizar unha iniciativa solidaria consistente nunha recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés, que logo serán distribuídos entre familias con menos recursos do concello.

 

Todo o recollido será distribuído a través do SOS Porriño e Servizos de Asuntos Sociais do Concello entre as familias que o necesiten no Porriño e nas súas parroquias.

 

Esta iniciativa, para a que nos gustaría contar coa vosa colaboración, comezará o próximo 1 de decembro e rematará o 19 de decembro, e realizarase fundamentalmente en colaboración cos centros escolares, nos que se instalarán puntos de recollida.

 

Agradecemos que nos axudedes a darlle a máxima difusión a esta iniciativa, animando a participar a toda a comunidade educativa, recomendándolle que deixen sobre todo Cueiros, Cremas, Toalliñas, Purés, Leites e Alimentos infantís de todo tipo no punto de recollida que se instalará no voso centro.

 

Por todo elo MOITAS GRAZAS

CONCURSO RECEITA DE NADAL

Dende a empresa que xestiona o noso comedor escolar, Aramark, propóñennos unha actividade-concurso na que se vos anima a elaborar unha receita de Nadal.

Ainda que inicialmente a actividade estaba pensada só para os usuarios/as deste servizo, facémolo extensible a toda a Comunidade Educativa.

Tendes ata o 12 de decembro para presentar as vosas receitas de Nadal, no formato que queirades, escritas a man, dixitalmente...

O premio é un xogo de Twister para xogar toda a familia!

Facédenoslas chegar a través dos nenos e nenas entregádoas no comedor ou en dirección, tamén podedes mandalas a través do noso correo

ceip.atios@edu.xuinta.gal

 

MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR DE DECEMBRO

Aquí tedes om enú de decembro! Podédelo descargar clicando no adxunto.

XORNADA GASTRONÓMICA GREGA

Dende a empresa de comedor comunícannos que o día 16 de novembro terá lugar a primeira xornada gastronómica, dedicado nesta ocasión a Grecia.

Os nenos e nenas degustarán un típico menú grego.

MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR DE NOVEMBRO

CALENDARIO ESCOLAR 23-24

Podedes clicar no arquivo adxunto para descargar o ficheiro en PDF.

 

           

Menú de outubro.

MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR DE SETEMBRO

Comezamos un novo curso e aquí está o menú do mes de setembro. Como vos comentamos por Abalar a empresa nova chámase Aramark e aquí tedes máis información sobre eles:

 

MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR DE SETEMBRO

REUNIÓNS INFORMATIVAS DE INICIO DE CURSO

Estos son os horarios das reunións informativas de inicio de curso para que poidades resolver calquera dúbida e coñecer ao profesorado dos vosos fillos/as:

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2023-2024

Bos días. Dende o claustro do CEIP Pl. de Atios queremos darvos a benvida ao novo curso escolar 2023-2024. As clases e o servizo de comedor e transporte comezarán o día 11 de setembro no horario habitual 9:10-14:10 e comedor de 14:10 a 15:15.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer