CALENDARIO ESCOLAR 21-22

 

Aquí está o calendario escolar para o presente curso.

O luns 27 de setembro é festivo en Porriño.

O 16 de maio foi elexido polos centros de primaria do Porriño como día non lectivo.

 

COMEDOR E TRANSPORTE 2021-2022

O alumnado que fixo entrega das súas solicitudes para o curso 2021-2022 queda admitido para o curso 21-22 (non precisa estar pendente dos listados que están publicados no taboleiro de anuncios do centro)

O alumnado que non entregou no centro o anexo de autodeclaración para a súa solicitude de comedor será usuario de pago completo (4,50 € por día de uso)

Aquel alumnado que solicite transporte ou comedor en setembro corre o risco de quedar sen praza xa que a día de hoxe quedan poucas prazas na liña de transporte da Guía así coma no comedor.

REUNIÓN ALUMNADO 4ºE.I. CURSO 2021/22

REUNIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO MATRICULADO PARA 4º ED. INFANTIL 

Convócase a unha reunión coa titora ás familias do alumnado que se vai a incorporar ao centro en 4º de Educación Infantil para o vindeiro curso escolar (2021/22):

DÍA: 24 DE XUÑO (XOVES)

HORA: 10H.

Non se poderán traer os nen@s e só poderá acudir un proxenitor.

Rogamos aproveiten ese día para traer a formalización de matrícula e a documentación que falta. Está todo detallado no seguinte aviso.

Letras galegas 2021

COÑECE O NOSO COLE NUNHA VISITA VIRTUAL

Papaventos do Día da Paz

Aquí estamos outra vez para presentarvos unha actividade do Día da Paz, os rapaces fixeron uns Papaventos para colgar no exterior do cole pero debido ao mal tempo temos que facelos voar doutra maneira.... esperemos que  os desexos de Paz cheguen ben lonxe....

FELICITACIÓN NADAL DOS PROFES DE ATIOS

 

FELIZ NADAL E UN 2021 CHEO DE SORRISOS.

 

 

VÍDEO 25 NOVEMBRO 2020

XA TEDES O VÍDEO COS TRABALLOS DO ALUMNADO NO NOSO FACEBOOK.

PODEDES PINCHAR AQUÍ PARA VER O VÍDEO.

 

O Cole de Atios contra a violencia de xénero

 

NESTE 25 DE NOVEMBRO DI NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

Pincha na foto para ver o traballo dos nenos de infantil

        

 

PROA +

Informamos de que o noso centro está incluido na iniciativa PROA,

O Programa para a orientación, avance e enriquecimiento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+), que se desenvolverá durante os cursos escolares 2021-2022, 2022-2023 y 2023-2024, responde á necesidade de mellorar o éxito escolar e garantizar a permanencia do alumnado en aqueles centros sostidos con fondos públicos.

 

  • Esta acción está dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º y 6º de educación primaria.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer