HORARIOS REUNIÓNS

 

Bo día. Antes de nada disculpade a tardanza pola reunión deste curso, pero como estaredes enterados a  maioría houbo unha serie de recentes cambios no protocolo COVID-19 e estivemos preparando os cambios.Antes de nada queremos tranquilizarvos porque tratamos de organizar todo de unha maneira sinxela e tratar de facer os mínimos cambios posibles para que sexa máis doado tanto para os nenos e nenas coma para vós.

Toda a información nova estará na páxina web do centro e para calquera dúbida que poidades ter estamos a vosa disposición.

As reunión serán levadas a cabo no comedor e nelas trataremos de explicarvos os diferentes protocolos que temos realizado ao longo do verán, entradas, saídas, quendas de recreo e comedor, etc que temos realizado ao longo do verán.

 

Un saúdo e esperamos vervos

En caso de que non poidades asistir non vos preocupedes porque como vos comentaba os protocolos estarán na web e aquí estaremos para aclararvos as dúbidas que poidades ter

 

Un saúdo

O director

 

Roberto

 

Nos horartios enviados por TOKAPP e por ABALAR había un erro nos cursos de 5º, 2º e 1º. Este é o horario definitivo de reunións

 

REUNIÓN MARTES 8 SETEMBRO

9:00

6º E.I. (5 ANOS)

10:15

4º E.I. (3 ANOS)

11:30

5º E.I. (4 ANOS)

12:45

16:00

17:15

 

 

MÉRCORES 9 SETEMBRO

9:00

10:15

11:30

   
   
   
   
   
   

LISTAXES COMEDOR 20-21

Aquí está a listaxe de usuarios de comedor para o curso 20-21.

(Pinchade no adxunto)

LISTAXES COMEDOR 20-21

LISTAXES PROVISIONAIS DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/21

Poden comprobar se lles concederon as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2020/2021 pinchando nos documentos adxuntos.

Para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria  nestas listaxes provisionais só figura a cantidade de libros que lles corresponden, pero o vindeiro martes día 7 de xullo publicaranse as listaxes definitivas onde xa aparecen os libros concretos que se lles asignan a cada alumno/a do Fondo de libros.

Poderán recoller os vales do 8 ao 15 de xullo na secretaría do colexio de 9,30 h. a 14,00 h. Se non poden nestas datas o poderán facer en setembro.

GRADUACIÓN DOS NOSOS PEQUENOS DE 6º E.I.

OS NENOS DE 6º E.I  DAN O PASO PARA PRIMARIA... PINCHA AQUÍPARA VER A SÚA DESPEDIDA.

PLAN MADRUGA

      

 

PLAN MADRUGA

                                    INFORMACIÓN PARA NAIS E PAIS CURSO 2020/2021

 

SERVIZOS QUE INCLÚE:

 

·        Atención do neno/a con ou sen almorzo  antes da entrada ao colexio.

·        Elaboración de menús diarios saudables e equilibrados.

·        Material de xogo e programa de actividades lúdico-educativas.

·        Acompañamento ás aulas dos máis pequenos e custodia dos maiores ata a hora de entrada.

·        Persoal especializado.

 

HORARIO:

·        Días lectivos de 07:30 a 9:10. A hora de entrada ao Servizo dependerá das necesidades de cada familia.

 

OBXECTIVOS EDUCATIVOS DO PROGRAMA:

 

Educación para a Saúde:

.     Proporcionar unha alimentación suficiente, variada e equilibrada.

.     Por en práctica as normas hixiénico-sanitariasbásicas (lavadodemans, hixiene bucodental...).

.     Uso axeitado dos utensilios e mantemento de posturas correctas namesa.

 

Educación para a Convivencia:

.     Espertar no neno/a o espírito de cooperación, implicándoo nas tarefas do almorzo e na colaboración entre compañeiros.

.     Lograr un comportamento correcton a mesa e crear un ambiente de diálogo e boa convivencia en grupo.

 

Educación para o ocio:

.     Planificar actividades lúdicas que contribúan ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

 

O MENÚ:

 

A composición do menú esta baseada  en recomendacións de expertos en alimentación e nutrición infantil cunha elaboración a base de leite , cacao, galletas, cereais e zumes.

 

LISTA DE PREZOS:

 

 

DÍAS AO MES

con almorzo

sen almorzo

Mes completo

50,00 €

35,00 €

Medio mes ( 10 días)

25,00 €

18,00 €

Esporádicos

4,75 €

4,00 €

 

 

Pago do servizo:

-       Modalidade de Pago: mediante domiciliación bancaria na primeira semana de cada mes.

 

Preinscripcións:

Para realizar a preinscripción poden mandar datos dos nenos/as ao correo electrónico:

   atiosanpa@gmail.com

 

PLAN MADRUGA

LISTAXE DE ADMITIDOS CURSO 2020/21

O SEGUINTE ALUMNADO FOI ADMITIDO NO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2020/2021

4º EDUCACIÓN INFANTIL

 

 NOTAS:

*O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula do 1 ao 10 de xullo.

E tamén cubrir e entregar o a documentación que falta (solicitudes de transporte e comedor, autorización de uso de imaxe, fotografías...)

Encárgase o centro de convocalos telefonicamente a unha reunión por esas datas.

*Se finalizado este prazo non se presenta o papel de formalización enténdese que se renuncia á praza.

 

 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS - TRANSPORTE E COMEDOR VINDEIRO CURSO

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO, PORTÁTILES, TABLETS E ROUTERS

*DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO do fondo solidario non se fará mentras non remate o curso.

Igualmente a DEVOLUCIÓN DE TABLETS, PORTÁTILES E ROUTERS.

Xa comunicaremos as datas para facelo dun xeito ordeado evitando as aglomeracións.

 

SOLICITUDES DE TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2020/21

*En relación co TRANSPORTE e COMEDOR aínda non saíron instruccións.

Xa informaremos das datas para que poidades presentar as solicitudes.

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS RICARDO CARVALHO CALERO

 

Hoxe os galegos estamos de festa, xa que celebramos o día das Letras Galegas.

Na que se homenaxea a aquelas persoas que destacasen pola súa creación en lingua galega, como é o caso de Ricardo Carvalho Calero.

Durante esta semana traballamos diversos aspectos da súa vida e obra e colaboramos no “Reto Verdescente” elaborando un fermoso vídeo coas fotografías que nos enviastes.

Agardamos que vos guste. Para velo pulsade aquí.

 

 

 

A

 

 

Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero

 

Esta semana traballaremos sobre o autor Ricardo Carvalho Calero, sobre a súa vida e a súa obra así como algunhas curiosidades sobre o mesmo. Para iso contades cunha infografía e diversos enlaces para realizar actividades interactivas e manipulativas que vos facilitarán resolver o Kahoot que dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparamos.

 

Se queredes divertirvos aprendendo pulsade  aquí

    

                       

 

MATRÍCULA 2020/2021 - PETICIÓN DE CITA PREVIA

MATRÍCULA CURSO 2020/2021 – PETICIÓN DE CITA PREVIA

Tendo en conta as “recomendacións sanitarias a establecer nos centros educativos para a atención ao público” publicadas no DOG do día 6 de maio e para poder aplicar as medidas de protección informamos que:

*Deberán solicitar cita previa para atendelos de forma presencial no centro educativo (especialmente para a entrega da documentación relacionada co proceso de matrícula )

*Teléfonos do centro: 886110483 – 886110484

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer