Skip to Content

Secretaría, Admisión de alumnado

Admisión de alumnado

Asunto: SOLICITUDES DE ADMISIÓN.


Todas as solicitudes de admisión foron aceptadas xa que hai máis prazas vacantes que solicitudes presentadas.


Agualada, 2 de maio de 2011


O Secretario:


Asdo: Carlos V. Couceiro Tenreiro

MATRICULA CURSO 2011-12

 O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o próximo curso


2011/2012 será do 1 de marzo ao 31 de marzo , ambos os dous inclusive.


impresos de matrícula          Decreto30/2007              Orde do 17/03/2007

Libros de texto para o curso 2010-2011

Podedes ver a lista de libros nos seguintes arquivos adxuntos.

 

Axudas para libros e material escolar para o curso 2010-2011

Orde do 28 de maio de 2010 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2010/2011.

Requisitos: 

a) Estar matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria ou en educación especial nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar 2010/2011 e non repetir curso neste ano académico.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Para o alumnado de educación primaria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6º desta orde.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes, segundo o anexo I a esta orde, entregaranse nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado, segundo se indica a seguir. Presentarase unha solicitude por alumno/a matriculado/a, polo que se un solicitante ten varios fillos matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude por cada un deles.

2. As axudas serán solicitadas polos pais, as nais, os titores ou os representantes legais do alumnado.
3. O prazo de presentación de instancias será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Documentación a entregar:

-Instancia  

-Fotocopia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar, tales como:
-Orixinal ou copia compulsada do certificado de empadroamento da unidade familiar.

-Orixinal ou copia compulsada de certificado do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
-No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse copia compulsada de:

-Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
-Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou

-Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. b) No caso do alumnado de educación especial non será necesaria a presentación de documentación ningunha.
3. A documentación que se presente deberá ter validez na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Aberto o prazo de matrícula

O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o próximo curso 2010/2011 será do 1 de marzo ao 6 de abril, ambos os dous inclusive.

impresos de matrícula          Decreto30/2007              Orde do 17/03/2007

Documentación a presentar

Distribuir contido


by Dr. Radut