Skip to Content

BENVIDA

 CEIP NOALLA-TELLEIRO

Benvidos á nosa web! Nela atoparás información a cerca do centro e das actividades educactivas que se levan a cabo tanto dentro como fora das aulas.       

                                                           

ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que solicitou a súa admisión no centro para o curso 2024-2025 foi admitido.

Cando se abra o período de FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA porémonos en contacto contacto coas familias para levar a cabo o proceso.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25

 

Solicitude de Admisión

 

CURSO 2024-2025

 

Prazo: do 1 ao 20 de marzo

 

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces anexo galego ou anexo castelán os documentos, ou empregando os adxuntos ó final deste texto, logo cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes-->Reserva/Admisión-->Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisión alumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes-->Admisión-->Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.

 

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Xa está publicada a listaxe provisional de admitidos de libros de préstamo de Fondolibros e axudas para material.

Poderán consultala no centro de xeito presencial ( de luns a mércores de 9:00 a 12:00) no tabolerio de anuncios situado no interior do propio centro de acordo o establecido no artigo 13 da ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 

O CONXERXERÍA DO CENTRO ESTARÁ ABERTA DE LUNS A MÉRCORES DE 9:00 a 12:00.

Tamén poden acceder ó seu expediente con Chave 365 ou certificado dixital.

 

Queda aberto un período de relcamacións ata o 12 de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO

PROCEDEMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MARÍCULA:

ÁBRESE O PROCEDEMNTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA QUE REMATARÁ O 30 DE XUÑO.

PÉDESE VIR BUSCAR Ó CENTRO O SOBRE COS DOCUMENTOS QUE HAY QUE CUBRIR.

  1. ANEXO III-1 DEBIDAMENTE CUBERTO (adxúntase ó final deste texto) ou pode atopalo na folla 39 da Orde do 12 de marzo de 2013 ou no anexo adxunto

  2. Fotocopia do Libro de Familia completo (todas as páxinas que estean escritas).

  3. Fotocopia do DNI do pai, da nai (ou representantes legais) e do neno/a a matricular (se o ten).

  4. Fotocopia do Libro de Vacinas do neno/a ou Certificado de vacinas.

  5. Fotocopia da Cartilla da Seguridad Social (tarxeta sanitaria) ou entidade aseguradora.

  6. Certificado de matrícula do curso actual no que está escolarizado o alumno/a (agás para os nacidos no ano 2020). Deben solicitado na Secretaría do centro educativo no que estea cursando estudos na actualidade.

  7. 2 fotos do alumno/a tamaño carné.

  8. No caso de vir doutro colexio adxuntar fotocopia do boletín de notas da última avaliación.

  9. Outra documentación: discapacidade, separación, custodia...

  10. Documentación específicos do centro (vai no sobre, pero tamén poden descargala nos documentos adxuntos):

  • Autorización imaxe.

  • Elección Relixión /Valores.

  • Transporte escolar.

  • Proxecto lingüístico (idioma materno).

  • Información adicional.

CALQUERA DÚBIDA CHAMAR O 886151652

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

Foron admitidas na listaxe DEFINITIVA todas as solicitudes entregadas en prazo. O listado está exposto no taboleiro de anuncios do centro.

O ALUMNADO ADMITIDO FORMALIZARÁ A SÚA MATRÍCUILA NO CENTRO NO PERÍODO DO 20 Ó 30 DE XUÑO.

O CENTRO PORASE EN CONTACTO CON TÓDALAS FAMILIAS PARA INICIAR O PROCESO

ADMISIÓN ALUMNADO

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

 

¡¡¡O PROCESO REMATA O 20 DE MARZO!!!

 

A solicitude pode de facerse no centro, será no horario09:00 a 14:00 ou por medios electrónicos (entrando na aplicación de admisionalumnado + rexistro)

É importante que, se se fai online, sigades os pasos para asinar dixitalmente e crear rexistro de entrada.

No centro hai formularios dispoñibeis, tamén se deixan os anexos (formularios de solicitude) ó final desta publicación para poder descargar e imprimir, no caso de querer entregalos no centro.

 

IMPORTANTE:

- Só se pode entregar unha solicitude (con ata 6 centros por orde de preferencia) no primeiro centro de interese.

- A existencia de duplicidade de solicitudes (sen ter renunciado a ningunha delas) poderá ser causa de perda de dereito á reserva de praza.

-Lexislación que regula o procedemento de admisión

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022 

 

 

 

ANEXOS (FORMULARIOS DE SOLICITUDE):

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA 2022-2023

PROCEDEMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MARÍCULA:

ÁBRESE O PROCEDEMNTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA QUE REMATARÁ O 30 DE XUÑO.

  1. ANEXO III-1 DEBIDAMENTE CUBERTO (adxúntase ó final deste texto) ou pode atopalo na folla 39 da Orde do 12 de marzo de 2013

  2. Fotocopia do Libro de Familia completo (todas as páxinas que estean escritas).

  3. Fotocopia do DNI do pai, da nai (ou representantes legais) e do neno/a a matricular (se o ten).

  4. Fotocopia do Libro de Vacinas do neno/a ou Certificado de vacinas.

  5. Fotocopia da Cartilla da Seguridad Social (tarxeta sanitaria) ou entidade aseguradora.

  6. Certificado de matrícula do curso actual no que está escolarizado o alumno/a (agás para os nacidos no ano 2018). Deben solicitado na Secretaría do centro educativo no que estea cursando estudos na actualidade.

  7. 2 fotos do alumno/a tamaño carné.

  8. No caso de vir doutro colexio adxuntar fotocopia do boletín de notas da última avaliación.

  9. Outra documentación: discapacidade, separación, custodia...

  10. Documentación específica do centro (vai no sobre, pero tamén poden descargala nos documentos adxuntos):

  • Autorización imaxe.

  • Elección Relixión /Valores.

  • Transporte escolar.

  • Proxecto lingüístico (idioma materno).

  • Información adicional.

CALQUERA DÚBIDA CHAMAR O 886151652

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

A Consellería de Educación ven de publicar a ORDE do 29 de ABRIL de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B). (DOG do 18 de Maio de 2022), que regula

O alumnado de 5º de primaria poderá solicitar a axuda para adquisición de material escolar pero queda excluído da participación no fondo solidario de libros de texto por estar incluído no PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL E-DIXGAL  

  

Estarán excluídas as solicitudes que superen os límites de renda per cápita da unidade familiar fixados nesta orde: 10.000 € en axudas para adquirir libros de texto e 6.000 € en axudas para adquirir material escolar.

 

Prégase que as familias cunha renda per cápita superior a 10.000€ non presenten a solicitude.

  

 1. Prazo para presentar solicitudes:

 

DO 19 DE MAIO Ó 22 DE XUÑO INCLUÍDO

 

 2. Lugar e forma de presentación de solicitudes:

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexoI) (anexoII) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

 O formulario de solicitude (anexo I) (anexo II) tamén estará dispoñible:

 

    a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal.

    b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente             en materia de educación.

     c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

     d) Na Secretaría do Ceip Noalla Telleiro. Mais abaixo poden atopar o ANEXO I e o ANEXO II en formato pdf

 

CLICA NOS ENLACES QUE SEGUEN PARA ACCEDER A ORDE DA CONVOCATORIA E AOS ANEXOS I e II NO CASO DE QUERER PRESENTALA PRESENCIALMENTE:

 

Orde DOG martes, 18 de maio de 2022 (xunta.gal)

 ANEXO I  e ANEXO II

 

 

Modificación da Concreción Curricular curso 2021-2022

Publicase para coñecemento de toda a comunidade escolar a modificación curricular para este curso 2021-2022 según Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Pódese ver accedendo ó seguinte documento pdf:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut