Skip to Content

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22.

Estarán excluídas as solicitudes que superen os límites de renda per cápita da unidade familiar fixados nesta orde: 10.000 € en axudas para adquirir libros de texto e 6.000 € en axudas para adquirir material escolar.

Prégase que as familias cunha renda per cápita superior a 10.000€ non presenten a solicitude.

 

1. Prazo para presentar solicitudes:

DO 21 DE MAIO Ó 22 DE XUÑO INCLUÍDO

 

2. Lugar e forma de presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexoI) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O formulario de solicitude (anexo I e II) tamén estará dispoñible:

    a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal.

   b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente        en materia de educación.

    c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

    d) Na Secretaría do Ceip Noalla Telleiro.

CLICA NOS ENLACES QUE SEGUEN PARA ACCEDER A ORDE DA CONVOCATORIA E AOS ANEXOS I e II NO CASO DE QUERER PRESENTALA PRESENCIALMENTE:

 

Orde DOG Xoves, 20 de maio de 2021 (xunta.gal)

ANEXOS I e II

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Co motivo da celebración do día do libro, o alumnado de Educación Infantil xunto as súas familias elaboraron uns preciosos traballiños relacionados co conto que máis lles gusta.

Estes traballos foron expostos para as familias no exterior do centro e agora forman parte dunha exposición no pasillo de Educación Infantil para que poida ser visitada polo resto do alumnado do centro

Clica na imaxe para ver o album de fotos.

 

LECTURAS RECOMENDADAS POLO DÍA DO LIBRO

Como sabedes, o 23 de abril é o Día do Libro.

Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca queremos compartir con vós as nosas últimas adquisicións e recomendarvos algúns libros de lectura. 

Moi pronto teredes máis noticias nosas!

Estas son as nosas recomendacións:

SOLICITUDES ADMISIÓN 2021/2022

 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022 comunicamos que:

TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

O período para formalizar a matrícula terá lugar do 20 ao 30 de xuño.

Para calquera aclaración non dubide en poñerse en contacto co centro a través do correo electrónico do centro ou por teléfono.

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS PARA O CURSO 2021-2022

 

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

DO 1 AO 22 DE MARZO

 

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR COA SOLICITUDE:

 a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

 b) Copia do Libro de Familia.

 c) Documento acreditativo da idade do/da alumno/a.

 d) Certificado oficial do expediente académico, de ser o caso (no caso de que a/o nena/o estea xa matriculada/o noutro centro).

 e) Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

 Poden consultar a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado premendo nos seguintes enlaces:

 

 

VACANTES DO CEIP DE NOALLA-TELLEIRO PARA O CURSO 2020-2021

 EDUCACIÓN INFANTIL

4º E. INFANTIL →25

5º E. INFANTIL →11

6º E. INFANTIL →11

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º E. PRIMARIA →17

2º E. PRIMARIA →15

3º E. PRIMARIA → 9

4º E. PRIMARIA → 3

5º E. PRIMARIA →11

6º E. PRIMARIA → 4

 

A SOLICITUDE PODE PRESENTARSE:

1. NO CENTRO : a través do seguinte formulario . Para presentar as solicitudes no centro farase no horario de secretaría de 9:00h a 14:00h.

2. A TRAVÉS DE ADMISIONALUMNADO: para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita  

Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
 

- Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, podendo poñer ata 6 centros por orde de preferencia, sendo nulas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.

- A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

- O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar una solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

- O alumnado que reserve praza terá que formalizar a matrícula nas datas establecidas: do 20 ao 30 de xuño.

 

PARA CALQUERA DÚBIDA PÓÑASE EN CONTACTO CO CENTRO A TRAVÉS DOS SEGUINTES MEDIOS:

TELÉFONO: 886151654

E_MAIL: ceip.noalla.telleiro@gmail.com

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS.

O vindeiro luns 11 de xaneiro comeza o prazo para reservar praza EN CENTROS ADCRITOS, segundo o establecido DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro), ORDE do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo), ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro) e ORDE do 18 de decembro de 2020 (DOG do 22 de decembro).

Reserva de praza:

  • No IES DE VILALONGA, centro ao que o noso colexio está adscrito (cubrir a solicitude e presentala no CEIP de Noalla Telleiro)
  • No CEIP DE NOALLA TELLEIRO PARA O ALUMNADO DA EEI DE AIOS (cubrir a solicitude e presentala na EEI de Aios)

 

- Cumprimentar manualmente e firmar a solicitude de reserva a través do modelo que se anexa Anexo I ED550A e Anexo ED550A I bis logo deberá de entregalo presencialmente no colexio antes do 8 de febreiro.

 

Para descargar a solicitude, poden facelo no seguinte enlace:

 https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.pdf

 

Solicitude a través da Sede Electrónica deberán contar con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Enlace:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

    No caso de que se desexe formalizar a matrícula nun instituto diferente ao centro adscrito deberán entregar a solicitude de admisión correspondente ao modelo: Anexo II ED550B, no centro onde desexe cursar estudos entre o 1 e o 20 de marzo, para o cal enviaremos a información necesaria antes do 1 de marzo.

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

O pasado venres 13 de novembro publicouse o documento que regula as axudas da consellería para dotar de mascarillas ao alumnado.

Non teñen que presentar solicitude aquelas familias que foron beneficiarias de axudas para material escolar.

Deben presentar solicitude ata o 23 de novembro no centro, aquelas familias que non se beneficiaran de axudas para material escolar e teñan unha renda per cápita inferior a 6000 euros. 

Adxuntarán o libro de familia e se están en circunstancias familiares excepcionais, deben consultar o DOG do que adxuntamos enlace.

Aclaramos que as axudas para mascarillas van destinadas a nen@s de ed. Primaria non de infantil xa que o protocolo xeral da xunta di que ata os 6 anos non é obrigatorio o seu uso.

PLAN DE CONTINXENCIA

Adxúntase Plan de Continxencia incluíndo os horarios espello a ter en conta en caso de que se dea unha situación de confinamento tanto dun curso en concreto como de todo o centro

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19

No seguinte enlace pódese acceder ao Plan de Adaptación a Situación Covid 19 do CEIP NOALLA-TELLEIRO

NORMAS E FUNCIONAMENTO DAS CLASES PRESENCIAIS COVID 2020-2021

As clases en Ed. Infantil e primaria darán comezo escalonadamente:

Xoves 10 de setembro: 4º e 5º de infantil (3 e 4 anos), 1º, 2º, e 3º de primaria.

Venres 11 de setembro: 6º de infantil (5 anos), 4º, 5º e 6º de primaria.

 

NO DOCUMENTO ADXUNTO EXPLÍCANSE NORMAS E FUNCIONAMENTO  DAS CLASES PRESENCIAIS COVID19

Distribuir contido


by Dr. Radut