Blog de Infantil

O Nadal en infantil

Polo Nadal as nenas e nenos de infantil fixemos tres adornos: un reciclando as nosas caixas de cartón, unha bola para a árbore con doces dentro e un boneco de neve coas letras do noso nome.

Os nenos de sexto escribiron unha carta, que na aula TIC redactaron entre todos e logo personalizaron, para remitir aos maiores do Concello, deseñando o seu propio selo e ademais fixéronlles un adorno e unha postal.

Fixemos unha postal que dentro tiña unha foto nosa, decorada de Nadal, que fixemos cunha app, e escribimos unha carta para o Apalpador pedindo un agasallo para un compañeiro.

Tamén fomos ao cine e celebramos o fin de ano no cole.e a,demais coa profe Iria aprendemos como funciona o plotter e decoramos bolas de Nadal cos nosos nomes e ademais fixemos un adorno para regalar ás persoas que cada día limpan os espazos do centro

Comparto un xoguete

No Nadal compartimos un xoguete cos compañeiros, tratando que isto nos axude a valorar o que teñen e tratando de que sexan conscientes da necesidade de evitar o consumismo.

Día da infancia 2023

Indiana Bill 2023

Vaia ritmo!

O 23 de novembro as nenas e nenos de infantil, 1º, 2º, e 3º fomo ao teatro Afundación e vimo un cocerto didáctico titulado"Vaia ritmo" a cargo da compañía Oidako Percussion Group.

Samaín en infantil

Cociña de outono

Día do sorriso en infantil

O inicio dunha nova aventura

Distribuir contido