Blog de Infantil

Visita a Serantellos

Que ben o pasamos visitando a granxa escola Serantellos. Fixemos moitas actividades: achegamento a os mamíferos, ás aves, fixemos pan, clasificamos sementes, sacamos plantas de tomate dos semilleros, xogamos, comemos...moitas grazas Jose e Raquel!

TEATRO AFUNDACIÓN

O 11 de abril fomos a Vigo ao teatro Afundación para ver a obra de monicreques Pingüin, sobre os cambios na estrutura familiar. Logo visitamos a mostra Comedy Wildlife

Do inverno á primavera

Biscoitos de inverno

8M Día da muller

23 de febreiro, Día de Rosalía

Preme na imaxe para escoitar o poema

 

 

O entroido en infantil

Este foi o noso entroido, seguimos os mandatos do Meco, fixemos os nosos disfraces de cartas e FESTA!

Se queredes ver a nosa actuación podedes facelo AQUÍ

A Candeloria 2024

O Nadal en infantil

Polo Nadal as nenas e nenos de infantil fixemos tres adornos: un reciclando as nosas caixas de cartón, unha bola para a árbore con doces dentro e un boneco de neve coas letras do noso nome.

Os nenos de sexto escribiron unha carta, que na aula TIC redactaron entre todos e logo personalizaron, para remitir aos maiores do Concello, deseñando o seu propio selo e ademais fixéronlles un adorno e unha postal.

Fixemos unha postal que dentro tiña unha foto nosa, decorada de Nadal, que fixemos cunha app, e escribimos unha carta para o Apalpador pedindo un agasallo para un compañeiro.

Tamén fomos ao cine e celebramos o fin de ano no cole.e a,demais coa profe Iria aprendemos como funciona o plotter e decoramos bolas de Nadal cos nosos nomes e ademais fixemos un adorno para regalar ás persoas que cada día limpan os espazos do centro

Distribuir contido