Orientación

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Podedes consultar a Resolución pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022/2023 no documento adxunto.

Tamén podedes acceder on line no seguinte enderezo:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudian...

Cruz Vermella

Prazo do 20 ao 30 de xuño.
-As solicitudes hai que realizalas no local da Cruz Vermella.

-Hai que aportar documentación, entre outras cousas a copia de ter solicitado axuda de libros e/ou material
  No colexio (no caso de alumnado de Ed. Primaria).
  No concello (no caso do alumnado de Ed. Infantil).

Descargade o arquivo axunto para máis información.

Ecuador, 16  36203  Vigo, Pontevedra - Teléfono 986 423 666

MEDIACIÓN

Á volta de vacacións de Semana Santa puxemos en marcha un programa de "Mediación entre iguais". Trátase de desenvolver no alumnado competencias sociais e cívicas. Os mediadores e mediadoras son alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria que recibiron formación nese sentido.

A mediación é voluntaria, tanto para os mediadores como para os alumnos e alumnas que acuden a resolver un conflito.

AMINO - Abuso e maltrato infantil

A semana pasada, os mestres recibimos información sobre abuso e maltrato infantil por parte de AMINO.

Queremos compartila con vós.

Pinchade na imaxe para acceder á web.

Se buscan valientes

"El Langui" pon música a este videoclip que lanza unha mensaxe directa ás testemuñas dunha situación de acoso: "No mires a otro lado y sé valiente". As testemuñas son clave para inclinar abalanza a favor da víctima.

No centro estamos a traballar neste sentido con iniciativas como esta

Web sobre o uso de internet da Axencia de Protección de datos

A Axencia Española de Protección de Datos pon á nosa disposición a páxina www.tudecideseninternet.es para consulta de materiais e información que pode ser do voso de interese.

ABUELOS Y ABUELAS EDUCADORES

A información máis completa está no arquivo axunto.

As persoas que estean interesadas poden comunicalo á orientadora María Vila,  persoalmente ou chamando ao teléfono 886120150.

As emocións.

Está ben recordar a importancia que teñen as emocións na nosa vida diaria e, por suposto, tamén na escola!
Pinchade na imaxe para recordalo con este vídeo do blog "Me gustan las personas"
Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2023-24

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión