TALLER DE ARTE URBANO

O mércores 6 de xuño o alumnado de 5º curso de primaria participou nun taller de arte urbano, "UrbanizArte", desenvolvido polo equipo de Mingos Teixeira dentro do Programa Municipal "VIGO CIDADE DE COR".

Os Merdeiros

Hoxe tivemos a visita de Gabi e Ana, da Asociación do Casco Vello de Vigo, que nos explicaron e ensinaron unha chea de cousas sobre os Merdeiros, a personaxe do Entroido vigués.

Pincha na imaxe para ver un pouquiño!

TRABALLO POR PROXECTOS EN INGLÉS: VINCENT VAN GOGH

Os alumnos/as de 5º de Primaria, fixeron uns proxectos moi interesantes sobre diversos cuadros de Vincent Van Gogh. Aprenderon moitas cousas sobre a súa vida escoitando e practicando en inglés algunhas anécdotas das súas vivencias e as descricións das súas obras. Ademais imos aprender a canción de ``Starry Night´´ para completar o seu proxecto. CONGRATULATIONS!!!

 

 

Visita ao Concello - 5º B (23-11-2016)

Hoxe o curso de 5º B visitou o pleno do Concello de Vigo para manifestar o apoio aos nenos e nenas refuxiados. Foi unha visita enriquecedora para todos, pero especialmente para os adultos que os escoitamos.

Iremos subindo máis cousas para compartir con todos vós a experiencia.

No seguinte enlace podedes ver a noticia na web do concello deVigo.

As fases da lúa - 5ºB (outubro 2016)

se queredes ver cómo aprenden en 5º B as fases da lúa, pinchade na imaxe.

 

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2023-24

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión