CONVOCATORIA DE AXUDAS AO COMEDOR ESCOLAR

Achegamos as BASES REGULADORAS e o MODELO DE SOLICITUDE de axudas ao comedor  da nosa escola para o vindeiro curso 2022-23.

 REQUISITOS:

 Serán requisitos necesarios para solicitar as axudas os seguintes:

  1. A unidade familiar deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no concello de Cangas.

  2. Convivir cos alumnos/as para os que se solicitan as axudas.

  3. Estar matriculado para, a segunda etapa de educación infantil ou educación primaria, no curso escolar de 2022/2023, no CEIP de O Hio, A Espiñeira, Nazaret, ou A Rúa, erradicados no termo municipal de Cangas.

  4. Debese contar con praza no comedor, de non ser así aínda tendo concedida a axuda non se fará efectiva.

  5. Que os ingresos económicos da unidade familiar non supere os seguintes límites máximos de rendas obtidas no ano 2021: [150 % IPREM + 15 % (127,10 €/mes) por novo membro]

FORMALIZACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:

 As/os solicitantes presentarán as súas solicitudes a través do Rexistro Xeral Municipal do Concello de Cangas, segundo o modelo que figura como Anexo I, acompañadas da documentación acreditativa do cumprimento de requisitos e circunstancias que permitan avaliar as situacións sociofamiliares.

A documentación que deberá acompañar as solicitudes será a seguinte:

  1. Fotocopia do DNI, NIE do/a solicitante en vigor

  2. Fotocopia do Libro de Familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas data de nacemento.

  3. Volante de empadroamento acreditativo da convivencia familiar, expedido polo Concello.

  4. Xustificación da situación económica e laboral do ano 2021, de tódolos membros da unidade familiar maiores de 16 anos, mediante fotocopia da declaración do IRPF do exercicio 2020, no suposto de facela, correspondentes a cada un dos membros computables da unidade familiar; ou certificado negativo, no suposto de non estar obrigado a realizala, expedido pola Administración Tributaria de Facenda, acompañada de (se é o caso):

  1. Certificacións do INEM sobre prestacións e subsidios de desemprego.

  2. Certificacións do INSS / ISM sobre pensións e prestacións percibidas.

  3. Calquera outro documento xustificativo de ingresos (pensións de alimentos dos menores, rendas dos alugamentos …)

  1. Copia do imposto de actividade económicas (Autónomos)

  2. No caso de non poder acreditar a situación económica cos documentos anteriores, ou cando da situación declarada se desprenda unha falta de medios económicos para subsistir, terán que facer unha declaración responsable dos medios de vida (informe de signos externos).

  3. No caso de separación ou divorcio, deberase aportar convenio regulador así como documento xustificativo das achegas económicas actualizadas, ou no seu defecto, denuncia por incumprimento.

  4. Xustificante do gasto de alugamento da vivenda.

  5. Calquera outra documentación que se considere conveniente na instrución do procedemento de resolución.

No caso de que algúns documentos requiridos no poidan presentarse por impedimento legal ou administrativo, substituirase por unha declaración xurada de compromiso. Dita documentación presentarase antes da proposta de resolución, nun prazo máximo de 10 días.

PUBLICIDADE E PRAZO DE SOLICITUDE:

 A publicación das presentes bases e a resolución das axudas realizarase no taboleiro de anuncios do Concello, do Centro Municipal de Benestar Social, na paxina web do Concello de Cangas e dándolle difusión aos CEIP de Espiñeira, o Hio, Nazaret e a Rúa.

O prazo de presentación de solicitudes para o curso 2022/2023 será do 20 de xullo ao 5 de agosto (ámbolos dous incluídos).

 

Back to top