Benvida

Benvidos á web do CEIP da Espiñeira-Aldán.

Ola! Son Espiñeiriña a mascota deste cole. Benvid@s!      

Axudas para a adquisición de material escolar

Achegamos a orde pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar, picade no seguinte enlace onde tedes toda a información:

http://www.edu.xunta.es/portal/node/16843

 

 

 

SOLICITUDE DE AXUDA PARA COMEDORES ESCOLARES

HOXE 11 DE AGOSTO ÁBRESE O PLAZO PARA SOLICITUDES DE AXUDAS DE COMEDORES ESCOLARES PARA O VINDEIRO CURSO 2015-16 DO CONCELLO DE CANGAS.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN FINALIZA O MÉRCORES 26 DE AGOSTO.

PARA SOLICITUDE DE INFORMACIÓN DIRIXIRSE AOS SERVIZOS SOCIAIS RÚA ANDALUCÍA Nº 3

TELÉFONO CENTRO SOCIAL DE BENESTAR SOCIAL: 986392266/67

Fondo solidario

Publicamos a listaxe definitiva de admitidos do programa "Fondo solidario de libros".

Aclaramos que esta lista definitiva foi baremada directamente pola administración educativa.

O MESMO DÍA 15, ENTRE 11 E 13 H REPARTIREMOS OS LIBROS.

Picade na lista para vela.

Libros para o curso 2015-2016

Picade na imaxe para descargar a lista

"FESTA DA HISTORIA"

Mañá, venres 19 de xuño celebraremos a "Festa da Historia". Vide disfrazados de época para a ocasión.

 

CONCURSO DE ADHESIVOS 2015

Convocamos un concurso de adhesivos para animar a usar máis a lingua galega e así poder aprendela, mellorar na súa expresión... Aquí podedes ver algúns destes anos pasados.

Poden participar todos os membros da nosa comunidade educativa: alumnado, profesorado,persoal non docente, xunto cos seus familiares: irmáns, irmás, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías, curmás, curmáns... Tamén as vosas amizades, aínda que non sexan de aquí.

O prazo para a entrega rematará o luns 8 de xuño. O adhesivo gañador distribuirase entre todos os membros da nosa comunidade educativa e farase chegar tamén aos demais centros da zona.

  • A persoa gañadora poderá escoller como premio un CD, ou Libro con CD e/ou DVD, con cancións en galego, que se poida conseguir no mercado.SorrisoSorprendido

 

Powered by Drupal - Design by artinet