Curso 2022/2023

O NOSO XORNAL ESCOLAR

Aquí tedes unha mostra das moitas actividades que imos facendo na nosa escola:

 

 

INVISIBLE

Estreamos o booktrailer que o alumnado de 5º e 6º realizaron como produto final do proxecto levado a cabo ao longo deste trimestre sobre o acoso escolar a partir da obra Invisible, de Eloy Moreno.

Agardamos que vos guste e que vos animedes a lela!!!

O COLEXIO DA ESPIÑEIRA ALDÁN

Quen mellor que as crianzas para amosar o noso colexio e explicar como traballan e aprenden!

Agardamos que vos guste o noso vídeo e veñades a coñecernos!

GUÍAS DE LECTURAS DOS EDLG DO MORRAZO

Como cada ano os Equipos de dinamización da lingua galega do Morrazo elaboramos unhas guías de lectura e música en galego coas últimas novidades.
 
Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as guías de lectura coas recomendacións lectoras e musicais:

Por último, gustaríanos agradecer a Josuha Xanbreo, por agasallarnos coa marabillosa ilustración que vai implícita nas guías.

Distribuir contido

Back to top