LIMPEZA DAS NOSAS PRAIAS

O sábado 20 de maio o alumnado de 6º de primaria, xunto coas súas familias e amizades, realizaron unha xornada medioambiental para facer limpezas de lixo no litoral das praias de Congorza-Areamilla, Nerga, Vilariño-San Cibran (Aldán) e Francón-Menduíña.

As persoas participantes dividíronse en grupos para efectuar a recollida. Posteriormente, trasladáronse ata o peirao de Aldán para coñecer e analizar o lixo que se recolleu nun obradoiro de divulgación medioambiental no que se explicou a procedencia dos residuos, o seu impacto no medio, así como hábitos diarios e alternativas que reducen a xeración destes residuos. 

A xornada foi un éxito absoluto como se ve nas fotografías. Recolléronse máis de 150 kg de residuos clasificados en vidro, plástico e envases, papel e cartón, e outros. Retiráronse desde traxes de augas, pasando por madeiras pintadas, ambientadores, bastonciños, moitísimas cabichas, redes e cordas, escarvadentes e sacos de batea, caixas de poliespán e ata unha lámpada fluorescente. En fin temos moito que aprender e mellorar.

Asimesmo esta actividade serviu para recadar fondos para a excursión de fin de etapa do alumnado nomeado.

Por iso queremos tamén agradecer, así como dar recoñecemento ás empresas que fixeron posible esta actividade: Panadería Iglesias, Pescados Marcelino, Librería Viláfer, La Pepita Burger Bar, WOFCO, BNA Invest, Recreativos Iglesias e Central de Efectos Navales. 

A protección dos oceános é cousa de todos e todas!

 

 

 

 

 

Back to top