STOP NON QUERO QUE...

Na aula de 2º, o alumnado traballou diversas tarefas en torno á defensa dos dereitos da infancia e en contra de todo tipo de violencia. Escoitamos e aprendemos as cancións de "La puerta violeta" de Rozalén, e tamén, "Depende de los dos" que é un proxecto educativo dos centros CRA Alto Gállego e CEP Puente Sardas para traballar a coeducación nas aulas.

Empezamos "STOP non quero que..." para que o alumnado cada vez que se sinta mal poida sinalar o STOP, e pedir axuda.

 

Conto "Clementina e Artur" sobre a violencia de xénero

As nenas e nenos de infantil e 1º e 2º de primaria, elaboramos este conto sobre a violencia de xénero. Esperamos que vos guste!

REGUEIFANDO

Lupe visitounos no cole para ensinarnos a regueifar, e o alumnado de 1º e 2º disfrutou moito e pasárono moi ben!!! Gracias Lupe, esperamos vernos pronto!

MAGOSTO - PEÓN

O venres 5 de novembro celebrouse un campeonato de peón entre todo o alumnado de primaria. Noraboa a todos e todas as participantes e tamén aos gañadores.  Fixérono moi ben!!! Para completar o día trouxeron castañas para a merenda, que ricas que estaban!!!

 

" O LADRÓN DE SOÑOS"

A escritora Sabela Fernández Trelles, visitounos para facer un taller sobre o libro que lemos na aula titulado "O ladrón de soños". Foi moi divertido!!! Grazas Sabela!!!!