Despedimos a nosa sardiña

O ENTERRO DA SARDIÑA

Xa morreu a sardiña,

levana enterrar,

con moita morriña 

o cura e o sacristán.

Xa choran as boas xentes,

Ai...,mira, chorando están!

Dando berros doloridos,

Dando berros sin parar

Que se escoitan na rúa,

Na praza e no bar.

Ai… que loito máis riguroso!

Que pena máis colosal!

Desmaio…dolor…angustia

levana enterrar,

con moita morriña 

o cura e o sacristán.

A máis fermosa sardiña 

E o entroido acabado está.

(Isabel Medina, adaptación)

 

Chegou o día de despedir a nosa queridiña sardiña, Todos estabamos moi tristes e viñemos preparados para a ocasión.

 

 

 

Disfraces

O xoves pasamos unha tarde xenial cos disfraces que trouxemos da nosa casa, bailamos, xogamos...

   

   

 

 

Os turistas de Sofán

Como somos todos ben guiadiños, o xoves viñemos equipados con todos os complementos que nos propuxo o Meco.

 

Estabámos ben guapos, va que si??

Mandadiños do entroido 2014

Estes son os mandadiños propostos polo meco para este ano 2014.

    

     

 

Ponlle as pilas ao teu bocata!

Carteles bocatas

O pasado 19 de febreiro todo o cole participou no programa da Xunta de Galicia "Aliménta-te ben".

Os nenos e nenas coa axuda das monitoras prepararon bocatas con atún, xoubiñas e mexillóns, acompañados de leituga, cebola, cenorias, tomate,...

Estaban riquiiiiiisimos!

 

14 de febreiro

O día 14 de febreiro realizamos un corazón para conmemorar o día do amor e da amizade.

     

                              

               

               

Celebramos a PAZ

O pasado día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz con todos os nosos compañeiros e compañeiras do cole.

Todos temos soños, e nesta ocasión tivemos que escribir un relacionado coa paz.Nas fotos os nenos e nenas de primeiro e segundo presentámosvos os nosos soños.

     

Outra das actividades que realizamos foi inflar globos blancos nos que escribimos unha palabra que fixera referencia a un sentimento positivo. Cos globos de todos os nenos e nenas do cole formamos a palabra PAZ.