Skip to Content

ENCONTRO ALUMNOS GREGOS

Alumnado grego coñece Carballo a través do Ceip de Sofán, este pasado venres desde as aulas de 6º de primaria do noso centro, conectamos cun centro educativo de primaria en Volos, Grecia,mediante videoconferencia.
Estes encontros forman parte do proxecto de internacionalización levado a cabo por este centro desde hai anos a través do programa Erasmus+.
Recentemente profesorado do Gándara, trasladouse a Finlandia e a Grecia para establecer lazos de cooperación e intercambio de proxectos educativos con alumnado extranxeiro. Froito destas viaxes, cada mes conectamos con eles para traballar estes aspectos, a través do proxecto EduExchanges.
A través de Google maps primeiro e logo mediante un video de Eu quero Carballo, os escolares gregos coñeceron de primeira man o noso concello e tamén aprenderon a situalo xeograficamente.



erasmus | by Dr. Radut