TABOLEIRO DE ACTIVIDADES

             BLOG

    

Carriño lector

O venres 27  de febreiro  comezou no cole a actividade de fomento da lectura (proposta dende a Biblioteca Escolar)  "O carriño lector" coa temàtica "O LOBO". O primeiro en recibilo foi o alumnado de 6°A.

 

 

Entroido 2015

 

 

O  NOSO MECO O "CIGARRÓN FOGUETEIRO" MANDA ...

PARA  O  LUNS SE  COCIÑADO  NUN  FORNO  NON  TE  QUERES  VER... ALGO  DA  TÚA  COCIÑA  DEBERÁS  TRAER   
 PARA  O  MARTES  SE NON QUERES CONVERTIRTE "NUNHA BOA PEZA"... ALGO  DEBERÁS  TRAER  NA  CABEZA       
 PARA  O  MÉRCORES COMO SE  AÍNDA ESTIVERAS  NA CAMA... VEN  PARA  O  "COLE"  CO TEU  PIXAMA           (ver fotos)
 PARA  O  XOVES
VEN  ALEGRE  OU  VEN  ENFADADO, VEN  COMO  QUERAS...PERO  VEN  DISFRAZADO  (ver fotos)
 PARA  O  VENRES  PARA  ESTAR  BEN  SEGURO  E  QUE  NADA  CHE  PASE...VIRÁS  DISFRAZADO  COMO  OS  DA  TÚA  CLASE

 

VER  FOTOS VER  VIDEOS

SEMANA DA PAZ 2015

ADEMÁIS DO TEMPO QUE CADA  TITOR/A  LLE  ADIQUE  NA  AULA  AO TEMA DA  PAZ,

DENDE O  "Humberto  Juanes"  PROPOÑEMOS O SEGUINTE...

CALENDARIO  DE  ACTIVIDADES  SEMANAIS  PARA  O  RECREO                       (Sempre  de  carácter  voluntario)

DIAS ACTIVIDADES
LUNS                26

No  recreo  o  alumnado, (os que teñan unha pegatina identificativa  que decorarán  na  aula),

darán  e  recibirán  apertas  "gratis".

MARTES          27 Xogo  da  "Pita abrazo"
MÉRCORES    28 Xogo  de  persecución  "Pulgas,  cans  e  parrulos"
XOVES            29 Xogo:  "O  Abecedario"
VENRES         30

- Colocación  de  bonecos,  realizados na casa previamente,  por  todo o Cole.  (ver fotografías)

- " Sorpresa  na  hora  do  recreo"???

FRAN ALONSO VISITA O "HUMBERTO JUANES"

 O pasado 18 de decembro de 2014 Fran Alonso estivo na Biblioteca Escolar do noso Centro facéndonos unha visita pero......QUEN  É  FRAN  ALONSO?

Cursou estudos de  filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.

Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publica Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

Como poeta é autor dunha innovadora e interesante obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. O rupturismo e rebeldía  dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996Subversións en 2001. O seu último poemario constitúeo Balada solitaria, un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesíaAblativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o período de vixencia das mesmas.

Está casado con Concha Costas, ex-presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística do galego.

- Referencias extraídas da Galipedia (Wikipedia)

Ver  fotografías da visita

 

 

Nadal 2014

 O Colexio Público "Humberto Juanes" quere agradecer a todos: alumnado, profesorado, conserxe e... sobre todo aos pais e nais do Centro, o seu traballo para facer dos días previos ás vacacións de Nadal unha festa.

Grazas e... FELICES FESTAS A TODAS E TODOS!!

                            

Premio Ondas "Ponte... nas ondas"

O Pasado 25 de novembro os responsábeis do proxecto "Ponte... nas ondas" recolleron o galardón que lle outorgou o xurado pola mellor cobertura informativa. Noraboa!!!

premio ondas

Charla sobre Educación Sexual para sexto curso

O pasado día 11 de novembro tivemos no noso Centro ao matrón do Xeral de Vigo Ramón Glez Figueiras e á matrona, do mesmo Centro Hospitalario,  Mª. Fe Framir Martínez coa finalidade de achegar algúns conceptos e aclarar posibles dúbidas sobre a temática da sexualidade humana ao alumnado de sexto curso do CEIP "Humberto Juanes".

 

Distribuir contido