Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Admisión Curso 24/25
O prazo para o proceso de admisión para o vindeiro curso 2024/25:
Do 1 ao 20 de Marzo.
Para maior información ver o apartado de Secretaría> Admisión
Admisión IES María Casares
Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal e CEIP Luís Seoane), informamos que os postos dispoñibles en 1º de ESO no IES María Casares para o curso escolar 2024-2025 son suficientes para atender todas as solicitudes presentadas en prazo.
De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, a listaxe definitiva do alumnado con posto reservado está exposta no taboleiro de anuncios dos centros adscritos e de adscrición.
Tamén se pode consultar a información de forma telemática a través da aplicación admisionalumnado, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.
Axudas Comedor
No taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello está publicada a “Proposta de concesión e desestimación de axudas ás familias para asistencia a comedores escolares durante o curso escolar 2023/2024” na seguinte ligazón: https://sede.oleiros.org/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS2_TABLON#. O prazo para realizar alegacións vai dende o día 09/02/2024 ata o 23/02/2024.
Reserva de praza en centros de adscrición (IES María Casares) Curso 2024-25
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 21 de outubro de 2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.
Solicitudes:
Os modelos ED550A estará disponible na aplicación admisiónalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e no noso centro.
Forma de presentación:
· As solicitudes (ED550A)(Anexo I e anexo I-bis) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación admisionalumnado.Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.
· Ou presencialmente na Secretaría do noso centro.
Documentación a presentar
· Solicitude de reserva (ED550A) Anexo I e anexo I-bis)
· Libro de familia
· Outra documentación, que de ser o caso, fose precisa (sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas,…)
Normativa de aplicación
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
APLICACIÓN INFORMÁTICA ADMISIÓNALUMNADO
FORMULARIO DE SOLICITUDE EN GALEGO
REUNIÓN INICIO CURSO FAMILIAS 4º ED. INFANTIL
A reunión coas familias de 4º Ed. Infantil será o luns 18 de setembro ás 16:15h. na aula de música.
Lembren descargar a aplicacion AbalarMóbil para poder recibir notificacións dende o centro. Comprobar que aparece o seu fillo/a e en caso contrario actualizar a aplicación.
SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS
SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE CURSO 2023
O Concello de Oleiros colabora no ano 2023 co noso centro coa cantidade de 9880€ para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.