Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PARABÉNS!!

Felicitamos aos alumnos Roque Amado Ares de 3ºA e a Pablo Rodríguez Gagino de 5ºB por ser os gañadores do Premio Literariio Descubrindo Oleiros.

O pasado domingo foron recoller os seus premios nas Torres de Santa Cruz.

 

 

PI: Proxecto Isideas

 

Somos un grupo de nenas e nenos do CEIP Isidro Parga Pondal e ao longo deste curso querémosvos ensinar as ferramentas dixitais que creamos para todos os que queiran aprender xogando. Este blog vaise a convertir nunha canle de atención á diversidade intercentros. Iremos subindo periodicamente as actividades que vaiamos creando. Animádevos a participar, teñas a idade que teñas!!

Se queres consultar o noso blog, preme aquí.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2019-2020

O próximo 1 de marzo comeza o proceso de admisión para aqueles alumnos/as que comezan o 2º ciclo de infantil, ou para aqueles que queren cambiar de centro.

Os alumnos/as que xa están matriculados no centro e que vaian a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro docente.

Recordamos que a presentación de solicitudes de admisión debe ser entregada na secretaría do centro xa que é imprescindible darlle rexistro de entrada para posibles futuras reclamacións.

Só se poderá presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar.

NON será posible, unha vez entregada a solicitude, modificar os centros relacionados nin a súa orde.

O horario de secretaia do noso centro é de 09:00h a 13:50h. de luns a venres.

A normativa que rexe este procedemento é a seguinte:

Decreto 254/2012

Orde do 12 de marzo de 2013

Orde do 25 de xaneiro de 2017

Instruccións para o proceso de admisión de xefatura territorial

Instruccións da dirección xeral de centros e recursos humanos sobre o proceso de admisión 

Resolución de 27 de febreiro de 2019 pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 29 da orde do 12 de marzo (Letra desempate)

 

 

Para máis INFO pica AQUÍ

Transformando os patios

Toda a comunidade educativa queremos mellorar os patios, para que sexan máis inclusivos, para que fomenten o xogo e disfrute de todo o alumnado e para que potencien movemento, creatividade, colaboración...

O proxecto Patios Dinámicos é un proxecto participativo no que toda a comunidade educativa (nenas e nenos, familias, profesorado e profesional de administración e servizos) pode re-pensar os patios do noso colexio. Este Proxecto é froito da colaboración co profesorado de Terapia Ocupacional da Facultade de Ciencias da Saúde. Dende dita facultade, profesorado e alumnado colaboran coa planificación e execución de cada parte do proxecto.

A 1º parte do proxecto consistíu na planificación e invitación para a participación, e tivo lugar durante o curso 2017-18.

A 2ª parte do proxecto tivo lugar no 1º trimestre deste curso 2018-19. A través do Fotovoz, empregando a fotografía, alumnado, profesorado, persoal non docente e familias, reflexionamos sobre o que gusta e o que non gusta do patios, e sobre como melloralos.  

 

Exemplo da proposta realizada polo alumnado de 5º A de E.P

 

Na 3º parte, na que nos atopamos actualmente, estamos reunindo todos os datos para poder presentalos á Comunidade educativa e tomar decisións entre todas/os con respecto ás prioridades de actuación.

Os cambios se producirán nunha 4º etapa, e serán froito non so de cartos que se poidan conseguir para tal fin, senon sobre todo deman de obra” que desde toda a Comunidade Educativa poidamos aportar.

Se queres saber un poco máis sobre esta iniciativa, consulta a páxina web de este proxecto. Preme aquí.

 

NÚMEROS DE TELÉFONO DO COLEXIO

Lembrámosvos que os números de teléfono do colexio son o 881880801 de conserxería e 881880802 secretaría.

RECORDATORIO IMPORTANTE

Estimadas familias:

Para beneficio de todos/as, lembrámosvos que se se chega tarde, será nos intercambio de clase cando se poida acceder ao centro.

Os cambios de hora son os seguintes:

09:50h. - 10:40h. - 11:30h. - 12:00h. - 13:10h.

Gracias pola vosa colaboración

 

CONCESIÓN DO DÍA 20 DE MAIO COMO NON LECTIVO

 Xefatura territorial acábanos de conceder o próximo 20 de maio como día non lectivo elexido polo centro, polo que se informa de que o o citado día non haberá colexio.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Para as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as o próximo curso no Centro, faremos unha xornada de portas abertas o vindeiro MÉRCORES, 20 DE FEBREIRO ÁS 16:15  para amosarlles o Colexio e as súas instalacións, así como os servizos que prestan o Centro e a ANPA.

Distribuir contido