Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS CURSO 2023/24

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2023/24. 

As listaxes só se poderán consultar no taboleiro de anuncios do centro ou a través da aplicación admisión alumnado coa Chave 365 ou DNI electrónico (Lei de Proteción de Datos)

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A formalización de matrícula para o alumnado admitido será do 20 ao 30 de xuño.

LETRAS GALEGAS 2023: COÑECEMOS A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Estimadas familias,

Aquí estamos celebrando de novo o Día das Letras Galegas como cada ano.

Este 2023, o autor conmemorado é Francisco Fernández del Riego, e os alumnos e alumnas do Isidro Parga quixeron dar a coñecer a súa biografía a través dun vídeo.

Queredes velo? Facede clic na seguinte ligazón!

VÍDEO LETRAS GALEGAS 2023

Licencia de Creative Commons

CONVOCATORIA DE AXUDAS ALUMNADO NEAE

Informamos ás familias da recente publicación no BOE da convocatoria de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.

O prazo de presentación de solicitudes será do 8 de maio ao 20 de setembro, ambos inclusive.

Para máis información, pódese consultar o BOE do 26 de abril de 2023 e a web do Ministerio de Educación.

 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN 2023-2024

Dende hoxe xa están publicadas as listaxes provisionais de admisión para o curso 2023/24.

Seguindo a orde correspondente, só poderán ser revisadas a través da aplicación de admisión alumnado para aquelas familias que fixeron o trámite vía online, ou ben de forma presencial na secretaría do centro.

Non se dirá ningunha información por vía telefónica para non incumprir a norma.

Poderase formular reclamacións a estas listaxes no prazo de 5 días hábiles contados a partir de mañá ante o consello escolar.

25/4/23

ACHEGA DOCUMENTACIÓN BAREMO ADMISIÓN

Todas as persoas que solicitaron praza para o vindeiro curso para  1ºe 2º  de educación primaria deberán achegar a documentación xustificativa para que a puntuación solicitada do baremo sexa valorada en base a eles.( no caso de non tela presentado con anterioridade).

Prazo de presentación: Do 21 de marzo de 2023 ao 3 de abril de 2023. (Non se recollerán documentos  por e mail). 

ADMISIÓN CURSO 23/24

O prazo para o proceso de admisión para o vindeiro curso 2023/24:

Do 1 ao 20 de Marzo.

Para maior información ver o apartado de Secretaría> Admisión

Distribuir contido