Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 

Este 30 de xaneiro xuntámonos todo o alumnado e profesorado do CEIP Isidro Parga Pondal paa conmemorar o Día da Paz.

 

Cantamos, bailamos e escribimos no chan a palabra PAZ coas moedas que achegaron as familias. Recadáronse máis de 300 € que serán doados a unha ONG con fins solidarias.

 

Nesta ligazón podedes ver un pequeno fragmento da celebración.

 

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 21 de outubro de 2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

As solicitudes (ED550A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • Normativa de aplicación
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)
  • DECRETO 13/2022, do 3 de febrerio, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

APLICACIÓN INFORMÁTICA ADMISIÓNALUMNADO

FORMULARIO DE SOLICITUDE

MANUAL PARA A SOLICITUDE DE RESERVA FAMILIAS

Pautas para desfrutar do nadal en familia.

Para desfrutar do nadal en familia, e estimular a linguaxe das nosas cativas e cativos o Departamento de Orientación e o Equipo de Educación Infantil queren compartir estas pautas.

Se ben, son xogos aptos para calqueira idade.

Só entrade na ligazón en clicade en cada título para ver as suxestións, e BOAS FESTAS!

PAUTAS PARA DESFRUTAR DAS NAVIDADES EN FAMILIA

Xabóns solidarios en Santa Cruz

 

Nos comercios de Santa Cruz xa podedes atopar os xabóns elaborados polo alumnado do CEIP Isidro Parga Pondal.

Trátase dunha actividade enmarcada no Proxecto Polos Creativos, da Consellería de Educación.

No centro aproveitamos este proxecto para conectar o colexio e a comunidade, dándolle unha perspectiva solidaria: todo o recadado coa venda dos xabóns será doado a unha Organización sen Ánimo de Lucro con fins solidarios.

 

CAMPAÑA RECOLLIDA DE XOGUETES (campaña pechada)

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

OS VOSOS XOGUETES TERÁN UNHA SEGUNDA VIDA ESTE NADAL.

 

DENDE O CEIP ISIDRO PARGA PONDAL ESTAMOS A PARTICIPAR NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES EN BO ESTADO PARA QUE NINGÚN NENO/A  QUEDE SEN REGALOS NESTE NADAL.

GRACIAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN.

Vector gratuito juego de juguetes para niños

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, realizarase proximamente a renovación do Consello Escolar, que, como é sabido, constitúe o órgano de participación na vida escolar de todos os sectores educativos.

SORTEO XUNTA ELECTORAL.

1ª REUNIÓN XUNTA ELECTORAL 3/11/22

  • CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL

  • APROBACIÓN CALENDARIO.

  • PUBLICACIÓN CENSOS QUE PODERÁN SER CONSULTADOS NA SECRETARÍA DO CENTRO.

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR.

PRAZO PRESENTACIÓN CANDIDATURAS 3/11/22 A 10/11/22.

PRAZO DE RECLAMACIÓN CENSOS 4/11/22 A 14/11/22

2ª REUNIÓN XUNTA ELECTORAL 10/11/22

  • PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS

  • APROBACIÓN CENSOS.

  •  SORTEO MESA ELECTORAL

3ª REUNIÓN XUNTA ELECTORAL 14/11/22

  • PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS

NON SE PRODUCIRON RECLAMACIÓNS NIN DAS CANDIDATURAS NIN DOS CENSOS POLO QUE SE APROBAN DEFINITIVAMENTE AS CANDIDATURAS PRESENTADAS.

CANDIDATURAS PAIS

CANDIDATURAS PERSOAL DOCENTE

CANDIDATURAS PERSOAL NON DOCENTE

VOTACIÓN DÍA 28 DE NOVEMBRO

  • PAIS/NAIS DE 17:00 A 19:00

  • MESTRES DE 16:00 A 17:00

  • PERSOAL NON DOCENTE DE 11:30 A 12:00

4ª REUNIÓN XUNTA ELECTORAL 29/11/2022

  • PROCLAMACIÓN CANDIDATOS ELECTOS.

  • TRASLADO ACTAS DAS MESAS

CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 1/12/22

 

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE CURSO 2022

O Concello de Oleiros colabora no ano 2022 co noso centro coa cantidade de 10340€ para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.

 

Distribuir contido