Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

MATERIAL ESCOLAR 22-23

Os listados de material escolar están dispoñibles no lateral esquerdo no apartado de Secretaría/Material Escolar.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4º ED. INFANTIL 2022/2023

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4º ED. INFANTIL 2022/2023

 

Haberá unha reunión coas familias no mes de setembro para aclarar calquera tipo de dúbida. A data será comunicada a través da páxina web.

En arquivos adxuntos poderán ver o calendario do período de adaptación e un documento con máis información.

 

Período de adaptación | CEI Manolo Álvaro, Escuela Infantil

RECORDATORIO

O ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA PODE PASAR A RECOLLER OS EXPEDIENTES ANTES DO DÍA 22/07/22.

 

O PRAZO DE RECOLLIDA DOS VALES PARA A AXUDA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR É ATA O 22/7/22 EN HORARIO DE 9 A 14.

 

DE NON PASAR ANTES DESA DATA DEBERÁN RECOLLELO NO MES DE SETEMBRO.

 

TRANSPORTE ESCOLAR curso 22-23

XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS LISTAXES DEFINITIVAS

 

Aclarar que non hay variacións con respecto as listaxes provisionais, agás a inclusión na mesma da reclamación presentada despois de comprobar o rexistro de entrada da solicitude correspondente.

 

 

 

 

 

Xa están dispoñibles na secretaría do centro os listados provisionais de transporte escolar para o vindeiro curso 22/23. Tendes ata o xoves 14 de xullo ás 12:00 horas para formular, de ser o caso, reclamacións a esta listaxe provisional que serán resoltas no consello escolar do día 15 de xullo.

Seguindo a lei de protección de datos, non se dará información por via telefónica.

Liáns, Santaia, 8 de xullo de 2022

CALENDARIO AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS, MATERIAL E FONDO LIBROS

CALENDARIO DE PUBLICACIÓN LISTAXES

Listaxe provisional de alumnado beneficiario e non beneficiario de libros de texto: 5 de xullo

Reclamacións: 6 o 10 de xullo

Listaxe definitiva de alumnado beneficiario e non beneficiario de libros de texto: 11 de xullo

Publicado no taboleiro de anuncios do centro. Quen realizou a solicitude a través da Chave 365 ou con Certificado Dixital poderao consultar telemáticamente. 

Non podemos facilitar información por teléfono pola Lei de Protección de Datos (art. 13)

 

 

RECOLLIDA VALES LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO

Unha vez publicada a listaxe definitiva poderán recoller os VALES de Libros e Material didáctico de 9 a 14 dende o día 11/7/22 o 22/7/22 de Xullo.

Entrega dos libros do Fondo adxudicados ao alumnado de 3º e 4º de EP: nos primeiros días de setembro.

 

Os libros de texto para o curso 22-23 poden consultalos na páx web.

O material será publicado na primeira semana de setembro.

 

LIBROS DE TEXTO 22-23

Xa podedes consultar os libros de texto para o curso que vén premendo neste enlace:

 

Libros de texto | CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal (xunta.gal) 

 

NON É PRECISO COMPRAR O LIBRO DE INGLÉS  (CLASS BOOK ) DE 4º CURSO FARASE ENTREGA DO MESMO NO CENTRO EDUCATIVO A COMENZO DE CURSO.

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

O ISIDRO FAI O CAMIÑO

O CAMIÑO DOS LIMPAISIDROS CARA UN MUNDO MELLOR.

 

Este curso o CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal participou no programa Voluntariado miúdo con tres proxectos distintos.

Un deles foi un proxecto de reciclaxe titulado o Camiño dos LimpaIsidros hacia un mundo mellor.

Con este proxecto no que participou todo o colexio, pretendeuse aprender a reciclar correctamente e completar o proceso de economía circular.

Os principios eran os tres R

REDUCE

REUTILIZA 

RECICLA

Con todo isto pretendemos contribuir a mellora do medioambiente.

Por iso recordamos que onte foi o día do medioambiente e ao noso centro cjhegará en breve un elemento novo realizado co plástico reciclado premiio para os nosos alumnos/as polo esforzo realizado.

PROXECTO  DE RECICLAXE

 

 

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR

Benqueridas familias:

Abrimos o prazo para a solicitude de transporte para o vindeiro curso.

Tendes que cubrir o formulario e entregalo na secretaría do centro. Este ano será con rexistro de entrada para que non haxa problemas. Podedes entregalo ata o 10 de xuño inclusive.

Hai dous formularios. Un para alumnado con dereito e outro para alumnado que non o ten.

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto, polo tanto, alumnado con dereito, o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa. 

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CON DEREITO

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR SEN DEREITO

 

19-05-22

 

Distribuir contido