Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

NOVA CHARLA PARA PAIS E NAIS

DE NOVO DENDE O CEFORE FACILÍTANNOS  A POSIBILIDADE DE ESCOITAR A UNHA PERSOA CON SOBRADA EXPERIENCIA COMO É NESTE CASO ANTONIO RIAL BOUBETA, PROFESOR NA USC.

ESTAS CHARLAS PARA PAIS/NAIS SON POSIBLES GRACIAS A COLABORACIÓN DO CENTRO DE FORMACIÓN, TODOS OS CENTROS DE ENSINO DO CONCELLO E O PROPIO CONCELLO.

ENGADIMOS A INFORMACIÓN E O ENLACE PARA A INSCRIPCIÓN.

https://drive.google.com/file/d/1OZtWkJqecfpaQnpm3eJuBDO7DiO97Q29/view?usp=sharing

PROBLEMÁTICA SUBSTITUCIÓN CONSERXE

Estimadas familias,

 

Informamos dende o centro, que debido á baixa do conserxe e a súa suplencia con persoal que non cubre todas as súas funcións, o día 10 de marzo non funcionou a calefacción por falta de revisión e control da mesma. Igualmente hai outras tarefas que non se veñen desenvolvendo por falta de coñecementos por parte da persoa substituta.
Solicitamos en diversas ocasións, dende anos anteriores, ao Concello de Oleiros, que cubrisen as ausencias ou permisos do conserxe con persoal cualificado para desenvolver todas as súas competencias sen ter aínda a resposta axeitada.

 

Esta mensaxe foi enviada tamén ao Concello de Oleiros para subsanar esta situación coa maior brevidade posible.

 

Un saúdo

SUBVENCIÓN CONCELLO OLEIROS

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE CURSO 2021

O Concello de Oleiros colabora no ano 2021 co noso centro coa cantidade de 10320€ para a realización de actividades didácticas e culturais así como para a adquisición de material didáctico para Educación Infantil.

 

                                                    

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 21 de outubro de 2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

As solicitudes (ED550A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • Normativa de aplicación
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)
  • DECRETO 13/2022, do 3 de febrerio, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

APLICACIÓN INFORMÁTICA ADMISIÓNALUMNADO

FORMULARIO DE SOLICITUDE

MANUAL PARA A SOLICITUDE DE RESERVA FAMILIAS

S.O.S OS LIMPAMUNDOS

NOVO PROXECTO DOS LIMPAMUNDOS

 

PARA QUE TODOS APRENDAMOS QUÉ FACER ANTE UNHA EMERXENCIA.

 

O FUNDAMENTAL NON PERDER A CALMA!!!!!

REANIMACIÓN CARDIO PULMONAR

https://limpiamundos.h5p.com/content/1291492140562986377

MAREO

https://limpiamundos.h5p.com/content/1291492846929157377

ATRAGOAMENTO

https://limpiamundos.h5p.com/content/1291492841764555437

GOLPE CON SANGUE

https://limpiamundos.h5p.com/content/1291492851413657907

 

QUE NON PASE NADA, PERO SE PASA TODOS SABREMOS CÓMO ACTUAR SEN SAIR CORRENDO.

 

MÁSCARAS ALUMNADO

Benqueridas familias:

Acaba de sair a Orde que regula os criterios e o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €, ou ben que fose beneficiario de axudas para material escolar.

O procedemento para a saolicitude será o seguinte:

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno/a.

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22, que será beneficiario directo.

Adxuntamos a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

Orde do 28 de outubro de 2021

Formulario a cubrir para a solicitude

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de

2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se

establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos

consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos,

realizarase proximamente a renovación do Consello Escolar, que, como é

sabido, constitúe o órgano de participación na vida escolar de todos os

sectores educativos.

 

SORTEO XUNTA ELECTORAL  27/10/21

1ª REUNIÓN XUNTA ELECTORAL 2/11/21

  • CONSTITUCIÓN XJUNTA ELECTORAL
  • APROBACIÓN CALENDARIO
  • PUBLICACIÓN CENSOS QUE PODERÁN SER CONSULTADOS NA SECRETARIA DO CENTRO.

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

PRAZO PRESENTACIÓN CANDIDATURAS 4/11/21 A  11/11/21

PRAZO DE RECLAMACIÓN CENSOS 4/11/21

2ª REUNIÓN XUNTA ELECTORAL 15/11/21

  • PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS
  • APROBACIÓN CENSOS, PAPELETAS
  • SORTEO MESA ELECTORAL

VOTACIÓN DÍA 22 NOVEMBRO

  • PAIS/ NAIS  DE 13 A 15 E DE 17 A 18
  • MESTRES DE 17 A 18
  • PERSOAL NON DOCENTE DE 13 A 15

3ª REUNIÓN XUNTA ELECTORAL 23/11/21

  • PROCLAMACIÓN CANDIDATOS ELECTOS
  • TRASLADO ACTAS DAS MESAS

CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 29/11/21

 

Saídas alumnado

Estase a facer as comprobacións necesarias para que as familias que teñan fillos/as que saian á mesma hora por distinta porta,  poidan ter unha solución o más axiña posible. Mentres, será recollido antes o alumnado de menor idade e logo os maiores que esperarán xunto co titor/a.

Gracias pola vosa colaboración e comprensión 

Distribuir contido