Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Reserva de praza en centros de adscrición (IES María Casares) Curso 2024-25

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 21 de outubro de 2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

Solicitudes:

Os modelos ED550A estará disponible na aplicación admisiónalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e no noso centro.

Forma de presentación:

·        As solicitudes (ED550A)(Anexo I e anexo I-bis) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación admisionalumnado.Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.

·        Ou presencialmente na Secretaría do noso centro.

Documentación a presentar

·      Solicitude de reserva (ED550A) Anexo I e anexo I-bis)

·      Libro de familia

·      Outra documentación, que de ser o caso, fose precisa (sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas,…)

Normativa de aplicación

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)
  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

APLICACIÓN INFORMÁTICA ADMISIÓNALUMNADO

FORMULARIO DE SOLICITUDE EN GALEGO

FORMULARIO DE SOLICITUDE EN CASTELÁN

MANUAL PARA A SOLICITUDE DE RESERVA FAMILIAS