Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Admisión IES María Casares

Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal e CEIP Luís Seoane), informamos que os postos dispoñibles en 1º de ESO no IES María Casares para o curso escolar 2024-2025 son suficientes para atender todas as solicitudes presentadas en prazo.

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, a listaxe definitiva do alumnado con posto reservado está exposta no taboleiro de anuncios dos centros adscritos e de adscrición.

Tamén se pode consultar a información de forma telemática a través da aplicación admisionalumnado, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.