Skip to Content

ADMISIÓN 2024/2025

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA. ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

1.- Solicitude de reserva: Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar do seu fillo/a no seu centro de adscrición (IES Ánxel Fole), deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A) que se entrgou dende o centro, dende o 15 de xaneiro ata o 05 de febreiro, ambos os dous incluídos.

- Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:

a) Entregándoa no centro de orixe do alumno (CEIP Luís Pimentel).

b) Entregándoa a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

- A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do día 28 de febreiro de 2024 e así poder participar no proceso ordinario de admisión).

- Esta solicitude de reserva ten prioridade sobre calquera solicitude de admisión para o centro de adscrición. De non participar nesta reserva perderán toda prioridade para ese centro. A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

- A reserva adquirirá carácter vinculante polo que o/a alumno/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición (IES Ánxel Fole).

 

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS E NOVO ALUMNADO (do 1 ao 20 de marzo)

 

1.- As nais, pais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión no centro elixido utilizando o Anexo II (modelo ED550B) entre o 01 e o 20 de marzo.

 

VOLVEN OS VIEIROS ESCOLARES SEGUROS DA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

A partir do luns 25 reiníciase o plan de Vieiros Escolares Seguros do concello de Lugo. No arquivo adxunto tedes toda a información.

Publicados novos documentos en secretaría

No apartado  o centro/secretaría podedes consultar os seguintes documentos, aprobados recentemente no Consello Escolar: PXA 2023/2024, Plan Dixital e as NOF do centro.

BENVIDA AO CURSO 2023/2024

INICIO DAS CLASES.

O luns día 11, ás 9:00h iniciamos o novo curso. O alumnado fará a fila no mesmo sitio co curso pasado, onde será recibido pola titora do curso anterior. O alumnado de tres anos do curso pasado dirixirase á casita.

O luns 11 xa hai servizo de almorzo e xantar para quen o precise.

O listado do material será comunicado polo profesorado nas aulas e publicado na web a partir do luns.

 

INFORMACIÓN PARA AS NAIS E PAIS DO ALUMNADO NOVO DE TRES ANOS.

O xoves 7 de setenbro ás 16:00h terá lugar a reunión inicial coas titoras dos tres grupos. Esperámosvos na casita de tres anos!!!

MATERIAL PARA INFANTIL E LIBROS DE TEXTO DE PRIMARIA PARA O CURSO 2023-2024

No arquivo adxunto, atópase o listado de material para infantil e libros de texto para educacion primaria.

AXUDAS DO CONCELLO DE LUGO PARA O 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ven de publicarse no BOP as bases para a solicitude de axuda para material escolar de nenos/as do segundo ciclo de Educación Infantil para familias con escasos recursos.

Distribuir contido


by Dr. Radut