Skip to Content

Blogues

Publicación de Fondolibros

Dente o día 4 de xullo atópase exposta a lista PROVISIONAL de admitidos e excluídos en FONDOLIBROS. Os días de reclacións son 5 e 6 de xullo e a lista DEFINITIVA publicarase o 7 de xullo.

A entrega de vales e material farase os días 4, 5 e 6 de xullo. Os que queden sen recoller entregaranse en setembro.

A entrega de libros ao alumnado farase a primeira semana lectiva de setembro (do 11 ao 15 de setembro) nas aulas.

Libros texto curso 17-18

Esta é a relación de meterial escolar e libros de texto para o curso 2017/2018.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2017/18

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Máis información:   http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

A ORDE do 16 de maio de 2017 (DOG de 22 de maio) regula:

-A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2016/17.

-As axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial.

-As axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2016/17. Está excluído desta obriga o alumnado de 1º e 2º de EP e o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución será causa de exclusión da participación na convocatoria do curso 2017/18.

2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido ou adquirido coas axudas  do curso escolar 2017/18 e devolvelos ao rematar este.

3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro no que estea matriculado o alumnado.

4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Presentación de solicitudes

1. Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/18.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2017/18, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2016/17.

 

Prazo para presentar solicitudes

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 23 de maio e rematará o día 23 de xuño de 2017.

 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables e a documentación complementaria recollida no Artigo 13 da mencionada Orde.

 

Transparencia e bo goberno

De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15.2.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario publicarase no taboleiro de anuncios e/ou páxina web do centro docente, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

 

Adquisición dos libros de texto e do material escolar

 

As persoas beneficiarias, unha vez que estean en posesión do vale, poderán adquirir o material e os libros de texto que son obxecto de axudas no establecemento da súa elección.

PROBAS DE AVALIACIÓN FINAL DE 6º DE PRIMARIA

 

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2016-17.

 

CAL É A SÚA FINALIDADE?

Esta avaliación terá carácter mostral e unha finalidade diagnóstica.

 

A QUEN SE APLICARÁN?

Aplicarase ao alumnado matriculado en sexto curso de educación primaria nos centros docentes seleccionados para formar a mostra.

Mediante comunicado da Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, o CEIP Luis Pimentel “foi seleccionado aplicando criterios estatísticos para formar parte da mostra”.

 

QUE COMPETENCIAS SE AVALÍAN?

- competencia en comunicación lingüística,

- competencia matemática

- competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

 

EN QUE CONSISTEN AS PROBAS?

Estarán constituídas por:

-Cadernos de alumnado para cada unha das competencias

-Cuestionarios de contexto para o alumnado e as súas familias

Os cuestionarios de contexto realizaranse preferentemente en formato dixital, sen prexuízo de que as familias o poidan realizar en formato papel.

  

CANDO SE FARÁN?

 

Os días 23 e 24 de maio de 2017.

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG de 5 de maio de 2017)

 

CAL É A SÚA FINALIDADE?

 

A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.

 

QUE COMPETENCIAS SE AVALÍAN?

 

-Competencia en comunicación lingüística

-Competencia matemática.

 

EN QUE CONSISTEN AS PROBAS?

 

Estarán constituídas por:

-Cadernos de alumnado para cada unha das competencias

-Cuestionarios de contexto para o alumnado e as súas familias

 

Os cuestionarios de contexto realizaranse preferentemente en formato dixital, sen prexuízo de que as familias o poidan realizar en formato papel.

 

A QUEN SE APLICARÁN?

 

As probas aplicaranse en todos os grupos de terceiro curso de educación primaria

 

CANDO SE FARÁN?

 

 

Os días 30 e 31 de maio.

BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Infórmase ás/aos solicitantes de prazas  escolares neste centro para o curso 2017/18, que os cursos nos que existen máis solicitudes ca prazas vacantes son:

  •  4º Educación Infantil (3 anos): 91 solicitudes para 75 vacantes.
  • 6º Educación Infantil (5 anos): 2 solicitudes para 0 vacantes.
  • 5º de Primaria: 1 solicitude para 0 vacantes

 

Sendo preciso baremar as solicitudes, mesmo no caso de que non haxa vacantes, ábrese un prazo para aportar no centro a documentación que acredite a puntuación, conforme se recolle na Sección 2ª. Criterios xerais de baremo, artigos 19 e seguintes, da ORDE do 12 de marzo de 2013.

 

PRAZO: do 23 de marzo ao 5 de abril de 2017 ás 14:00 h.

 

O artigo 17.2 da ORDE do 12 de marzo de 2013 establece que “A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente. “  Igual consideración terá a documentación presentada fóra de prazo (artigo 17.4)

  

No resto dos casos, todas as solicitudes están ADMITIDAS.

 

Publicarase a relación provisional de admitidas/os a partir do 24 de abril. Non se publicarán as puntuacións, podendo as persoas interesadas consultar en secretaría a propia puntuación.

                                                                           

Distribuir contido


by Dr. Radut