Skip to Content

Novas

ENAPA

No CEIP Luís Pimentel poñemos en marcha unha Escola de nais e pais dende a Coordinación de Benestar Emocional e coa colaboración da UACO.

Empezamos con dúas temáticas moi interesantes:

  • Límites e normas. (Incricións no correo do centro do 8 ao 15 de abril)
  • Risco do abuso das pantallas. (Inscricións no correo do centro do 13 ao 21 de maio ou ata cubrir ás 40 prazas)

Tedes toda a información no adxunto.

Esperámosvos

 

Reserva de praza e admisión de alumnado Curso 2024-25

Aquí pódese consultar a información relativa ao proceso de reserva de praza e admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-25.

Todas as solicitudes para 4º de Educación Infantil (3 anos) foron admitidas.

Resto dos cursos: Poden consultar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos, hoxe a partir das 14:00h no taboleiro do Centro, ou por vía telemática na aplicación admisionalumnado, sendo necesaria a acreditación coa chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de reclamacións é dende o 26 de abril ao 3 de maio.

 

                                                                  5º de Educación infantil.  0 vacantes

                                                                  6º de Educación infantil. 0 vacantes

                                                                  1º de Educación primaria. 0 vacantes

                                                                  2º de Educación primaria. 0 vacantes

                                                                  3º de Educación primaria. 1 vacante

                                                                  4º de Educación primaria. 0 vacantes

                                                                  5º de Educación primaria. 0 vacantes

                                                                  6º de Educacíon primaria. 0 vacantes

 

ADMISIÓN 2024/2025

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA. ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

1.- Solicitude de reserva: Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar do seu fillo/a no seu centro de adscrición (IES Ánxel Fole), deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A) que se entrgou dende o centro, dende o 15 de xaneiro ata o 05 de febreiro, ambos os dous incluídos.

- Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:

a) Entregándoa no centro de orixe do alumno (CEIP Luís Pimentel).

b) Entregándoa a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

- A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do día 28 de febreiro de 2024 e así poder participar no proceso ordinario de admisión).

- Esta solicitude de reserva ten prioridade sobre calquera solicitude de admisión para o centro de adscrición. De non participar nesta reserva perderán toda prioridade para ese centro. A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

- A reserva adquirirá carácter vinculante polo que o/a alumno/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición (IES Ánxel Fole).

 

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS E NOVO ALUMNADO (do 1 ao 20 de marzo)

 

1.- As nais, pais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión no centro elixido utilizando o Anexo II (modelo ED550B) entre o 01 e o 20 de marzo.

 

VOLVEN OS VIEIROS ESCOLARES SEGUROS DA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN

A partir do luns 25 reiníciase o plan de Vieiros Escolares Seguros do concello de Lugo. No arquivo adxunto tedes toda a información.

BENVIDA AO CURSO 2023/2024

INICIO DAS CLASES.

O luns día 11, ás 9:00h iniciamos o novo curso. O alumnado fará a fila no mesmo sitio co curso pasado, onde será recibido pola titora do curso anterior. O alumnado de tres anos do curso pasado dirixirase á casita.

O luns 11 xa hai servizo de almorzo e xantar para quen o precise.

O listado do material será comunicado polo profesorado nas aulas e publicado na web a partir do luns.

 

INFORMACIÓN PARA AS NAIS E PAIS DO ALUMNADO NOVO DE TRES ANOS.

O xoves 7 de setenbro ás 16:00h terá lugar a reunión inicial coas titoras dos tres grupos. Esperámosvos na casita de tres anos!!!

MATERIAL PARA INFANTIL E LIBROS DE TEXTO DE PRIMARIA PARA O CURSO 2023-2024

No arquivo adxunto, atópase o listado de material para infantil e libros de texto para educacion primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut