1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

CONTACONTOS NA BIBLIOACUÑA

Celebramos o día das bibliotecas na BiblioAcuña cunha contacontos de altura: Sabela Gago, que nos deleitou a todas e todos cos seus relatos.

Para os máis maiores trouxo un conto moi interesante ademais de divertido titulado A galiña máis fermosa do galiñeiro. O compañeirismo, o esforzo, a amizade, valorar os aspectos positivos que todos  temos para aportar... foron algúns dos temas tratados no conto.

               

               

               

 

Os máis pequenos pasárono en grande con Martiño e o lapis máxico. As formas, cores, sentimentos, emocións e outros conceptos que se traballan nos primeiros cursos foron desfilando durante a actuación.

       

              

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer