Skip to Content

Inicio

Calendario escolar 2023/2024

AVISO IMPORTANTE:

Todas as familias que solicitaron praza neste centro están ADMITIDAS.

O período para formalizar a matrícula será do 20 o 30 de xuño.

 

   Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:

 

  • 2 fotografías tamaño carné

 

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

 

Admisión de alumnado para o curso 2024-2025.

 

 

Información do proceso de admisión para o vindeiro curso


NORMATIVA

- No Decreto 13/2022, do 3 de febreiro,  (DOG núm. 29, do 11 de febreiro).

- Na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro 2022,  (DOG núm. 212, do 8 de novembro)

- E así mesmo, no Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da comunidade autónoma de Galicia, no que sexa aplicable. 


 

  Presentación da solicitude de admisión no colexio: do 1 ao 20 de marzo 

 

 

Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta  a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.

  • De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  • Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e académica do centro de orixe.

 

 

O impreso de solicitude de admisión pode cubrirse á man ou informáticamente na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Deberá estar asinado polos dous proxenitores

Pódense facer constar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova.

A presentación dunha solicitude é vinculante e implica a declaración de que son certos os datos incluídos nela.

 

 

No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.

 

  Presentación da documentación para o baremo

 

No caso de que o número de solicitudes de admisión superase ao de prazas ofertadas, as prazas serán asignadas mediante unha baremación.

O prazo para entregar a documentación que acredite os criterios alegados por cada solicitante será de 10 días hábiles contados dende o 21 de marzo.

 CRITERIOS E PUNTUACIÓN PARA O BAREMO

 

 

 

 

 

  Publicación das listaxes provisionais de admitidos: 25 de abril

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

  Reclamacións: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.

  Publicación das listaxes definitivas de admitidos: 15 de maio

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

   Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

  OFERTA DE PRAZAS

Etapa Curso Prazas ofertadas
E. Infantil 4º (3 anos) 17 + 3 (NEAE)
  5º (4 anos) 3
  6º (5 anos) 11
E. Primaria 8+ 3 (NEAE)
  9
  1
  10
  4
  0

 

 

 

Fondo solidario de libros e axudas económicas. Curso 2023/24

 

 

 

No DOG do venres 19 de maio de 2023 saiu publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria, e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

 

 DESCARGA DE IMPRESOS: ANEXO I    ANEXO II

 

RESUMO DA CONVOCATORIA:

 

Beneficiarios e importe das axudas:

- Préstamo de libros de texto (3º, 4º 5º e 6º de E Primaria) :

O centro prestaralle un máximo de 6 libros ao alumnado con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

O centro prestaralle un máximo de 4 libros ao alumnado con renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €.

O alumnado con renda per cápita superior a 10.000 € poderá recibir libros en préstamo cando, despois de repartir os dos parágrafos anteriores, aínda haxa existencias suficientes no centro. Este reparto farase por orde inversa á renda.

 - Axudas económicas para comprar os libros (1º e 2º de E Primaria):

Concederase axuda de 240 € ao alumnado con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

Concederase axuda de 160 € ao alumnado con renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €.

- Axudas económicas para comprar material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria):

Son compatibles coas dúas anteriores.

Concederase axuda de 75 € ao alumnado con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

Concederase axuda de 60 € ao alumnado con renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €.

 

Renda per cápita:

A renda per cápita familiar calcularase cos datos económicos do exercicio fiscal 2021 (sumando as casiñas 435 e 460 da declaración da renda 2021 e dividindo entre o número de membros computables a 31 de decembro de 2021).

 

Requisito:

Para poder disfrutar destas axudas É IMPRESCINDIBLE ter entregados no colexio, a finais de xuño, os libros de texto prestados polo centro a principios deste curso EN BO ESTADO DE USO.

 

Prazo:

O prazo para presentar as solicitudes comeza o 20 de maio e remata o 21 de xuño de 2023.

 

Presentación:

Débense presentar o anexo I (impreso de Solicitude) e o anexo II (impreso de comprobación de datos).

Pódense imrimir e cubrir os impresos manualmente e entregalos na secretaría do colexio.

Tamén se poden cubrir na aplicación informática «fondolibros». Unha vez cubertos por este medio pódense imprimir e entregar no colexio ou ben presentalos telemáticamente na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes en calquera dos lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Documentación:

Por regra xeral presentarase a seguinte documentación:

  • Anexos I e II, de solicitude e de comprobación de datos dos membros da unidade familiar (Se se presenta persoalmente na secretaría, entregarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no centro. Se se presenta na sede electrónica necesitarase unha solicitude para cada irmán).

  • Fotocopia do libro de familia no que aparezan todos os membros da unidade familiar. (*)

  • No caso de separación ou divorcio: sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do menor. (*)

(*) Para casos particulares, consultar a convocatoria.

 

a.

COVID

Distribuir contido


by Dr. Radut