Skip to Content

AVALIACIÓNS DE DIAGNÓSTICO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-25

De acordo co establecido na normativa vixente o proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-25 desenvolverase entre o 1 e o 20 de marzo.

As solicitudes axustaranse ao Formulario normalizado ED550B xunto co Anexo II bis que poden descargar nesta páxina.

Na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado  poden consultar toda a normativa reguladora, prazos, os formularios e as listaxes. 

No adxunto CARTEL DE ADMISIÓN poden consultar o número de vacantes ofertadas e os prazos, que tamén se expoñen no taboleiro de anuncios do centro.

MOI IMPORTANTE: As solicitudes de admisión a tramitar no centro entregaranse exclusivamente en horario de secretaría, de luns a venres de 13-14h.

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

GAÑADORES DO PREMIO CONVIVIMOS 2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e universidades resolveu o pasado 8 de xaneiro a primeira edición do Premio ConVivimos que ten por obxectivo recoñecer o bo traballo e o compromiso dos centros escolares a prol da convivencia e o benestar. 

 O Colexio CEIP Mestre Martínez Alonso, en Mos, e o Instituto IES Xelmírez I, en Santiago de Compostela, obtivemos o primeiro premio na categoría de Primaria e Secundaria, respectivamente. 

O conselleiro destacou o labor dos centros premiados na elaboración de propostas para fortalecer o respecto e a equidade entre alumnado, docentes e membros do equipo educativo. “Esta primeira convocatoria contou coa participación de máis de 50 centros de toda Galicia das distintas etapas, o que demostra o compromiso da comunidade educativa galega coa convivencia e a tolerancia no entorno escolar”, salientou.

Unha comisión de selección avaliou os proxectos presentados, tendo en conta aspectos como a calidade das accións desenvolvidas, a coordinación docente, a implicación da comunidade educativa, o impacto no proceso de ensino-aprendizaxe e a súa repercusión no conxunto do centro, entre outros.

O centro recibiu  un importe de 5000€  correspondente á dotación do Primeiro premio. Pola súa banda o profesorado implicado recibirá unha certificación de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e 20 horas para o profesorado participante. 

CALENDARIO ESCOLAR

                                                                               CALENDARIO ESCOLAR

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

NO ADXUNTO PODEN ACCEDER Á ORDE QUE REGULA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2023-24 OU A TRAVÉS DO ENLACE.

 O CURSO ABRANGUERÁ DO 11 DE SETEMBRO DE 2023 AO 21 DE XUÑO 2024 

PERÍODOS DE VACACIÓNS:

 1. NADAL: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

2. ENTROIDO: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024

 3. SEMANA SANTA: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos inclusive

 

A CONSELLERÍA ESTABLECEU O DÍA DO ENSINO O VINDEIRO 7 DE DECEMBRO DE 2023, POLO QUE ESE DÍA NON É LECTIVO.

O CENTRO SOLICITOU O 13 DE OUTUBRO COMA DÍA DE LIBRE DISPOSICIÓN, POLO QUE NON SERÁ LECTIVO.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

NO ADXUNTO PODEN CONSULTAR OS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2023-24.

Distribuir contido


by Dr. Radut