Curso 2008/09

FEIRA MEDIEVAL- 2009

Feira Medieval- 2009

Aos de sexto costounos un pouquiño máis participar. Non fixemos moitos traballos, pero os que presentamos... fixémolos o mellor posible. Clicade sobre o enlace para ollalos.

FEIRA MEDIEVAL- 2009

FEIRA MEDIEVAL - 2009

En 5º B tamén  nos esforzamos moito por facer uns bos traballos. Clicade sobre o enlace e ... xulgade por vós mesmos.

FEIRA MEDIEVAL- 2009

Feira Medieval- 2009

Di a nosa profe que fixemos uns traballos marabillosos (míranos con bos ollos). Clicade sobre o enlace, ollade e lede a presentación e podedes decidir por vós mesmos.

VISITA Á BIBLIOTECA DO "IES RÍO CABE"

Visitando a Biblioteca do "IES RÍO CABE"

Hoxe, 2 de abril, o alumnado de 5º de Educación infantil participou no IES Río Cabe nunha actividade na biblioteca. Atopamos un mundo cheo de soños dentro daqueles contos que vimos e que nos contaron. Tamén houbo algúns  alumnos que quixeron  contar os seus contos , e o fixeron moi ben. O noso agradecemento a encargada da Biblioteca por invitarnos a visitala.

Se queredes ollar as imaxes clicade sobre o enlace.

PROXECTO VOZ NATURA: Venres, 13 de marzo

RECUPERANDO O NOSO CONTORNO

O pasado venres, 13 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 4º de Primaria traballaron a terra do espazo onde ímos plantar arbustos e flores.

Foi unha mañá divertida, pero tamén dura. Unha alumna exclamaba: agora entendo ao meu pai¡

Se queredes ollar máis fotos clicade sobre o enlace ou íde á galería de imaxes.

DÍA DEL PADRE... GRACIAS

                   ¡GRACIAS!

                                               POR ARROPARME

                                                CUANDO ME ACUESTO.

¡GRACIAS!

POR DARME UN BESO

CUANDO ME DUERMO.

¡GRACIAS!

POR HACER DE MI INFANCIA,

UN JUEGO.

¡GRACIAS!

PORQUE A TRAVÉS DE TUS OJOS,

 VEO.

EL CAMINO DE LA VIDA

CON  PAPÁ VOY RECORRIENDO.

¡GRACIAS, PAPÁ!

¡ TE QUIERO!

 

Unha clase na praza de abastos

Educación Infantil visita a praza de abastos

 

Todo o alumnado de Educación Infantil e o seu profesorado visitaron o pasado venres, día 13 a praza de abastos, aproveitando que estaban a traballar nunha unidade didáctica relacionada co mercado. 

Clicade sobre o título para acceder á galería de fotos.

 

 

Lenda de Artabán

  Unha lenda conta que houbo un cuarto rei mago chamado Artabán. Era un mago persa, moi rico que vendeu todo para ir a ver ao neno Xesús.
  Ao neno leváballe un zafiro, un rubí e unha perla. Polo camiño atopou moitos problemas: primeiro, un home enfermo que lle pediu axuda, logo rescatou a un neno que ía matar Herodes, e o rubí supuxo a súa liberdade, ca perla resolveu o terceiro problema. Era o único que lle quedaba e empeñouna para salvar unha doncela que ía ser vendida como escrava.
  Artabán non puido chegar a Belén, pero pagou a pena.

 

Manuel Casanova Vidueira

Julián

Julián está a rematar as prácticas de Música no CEIP de Monforte.

Chegados a estas datas, as miñas prácticas escolares no C.E.I.P. de Monforte de Lemos van chegando ó final. Foi un mes cheo de novas e agradables experiencias no que un alumno en prácticas coma min, ten que sentirse agradecido de te-la oportunidade de desenvolve-las suas prácticas nun centro coma este, tan familiar para miña persoa.

Só me queda mostrar o meu grandísimo agradecemento a todo o alumnado do centro, do que tanto aprendín; e tamén dar as grazas a todo o profesorado e a dirección do centro, especialmente a José Antonio, que tanto me axudou en todo.

 Grazas a todos e ata sempre!

Julián

Distribuir contido