Normalización Lingüística
LETRAS GALEGAS 2010
ACTIVIDADES:
Xoves, 13 de maio.- A ANPA A LAgoa organizou, co apoio e colaboración dos alumnos e alumnas do ciclo superior de Actividades Físico-deportivas do IES Río Cabe e o profesorado do centro, unha tarde de "Xogos Populares" na que participou todo o alumnado.
Venres, 14 de maio.- Celebración do Día das Letras Galegas.
Se queredes ollar as fotos das actividades realizadas, clicade sobre o enlace.
Proxección no monitor da entrada do colexio dos traballos realizados por alumnos e alumnas e profesorado do centro, en formato dixital, sobre o autor homenaxeado este ano: UXÍO NOVONEYRA
Cousos do lobo, de 1º B
Publicación das revistas de pasatempos: Melos e Billarda (colgadas no menú das revistas escolares)
CONCURSO DE POESÍAS DE NADAL
CONCURSO DE POESÍAS DE NADAL
No concurso de poesías de Nadal, convocado pola Biblioteca Municipal do Concello de Monforte de Lemos, dúas alumnas do centro resultaron premiadas: Ánxela Jorge, de 5º B (1º premio categoría B) e Andrea Pallín, de 6º B (2º premio, categoría B).
Se queres ler as súas poesías... clica sobre os enlaces correspondentes.
30 de xaneiro, DÍA DA PAZ
30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ
Actividades programadas:
Venres, día 29:
Sesión de contacontos por ciclos(Educ. Infantil e Primaria), arredor do libro "Tarzán de goma".
martes,2 de febreiro:
Pola tarde, no patio do 2º ciclo, os alumnos e alumnas escenificarán a palabra PAZ; despois, cada curso, amosará o personaxe ou entidade elexido por acadar o Premio Nobel da PAZ.
A lectura de pequenas poesías, unha canción cantada por todo o centro e unha solta de globos darán fin as actividades desta celebración.