Folga do 24 de outubro

Estimadas familias:

O día 24 de outubro está convocada unha folda do persoal docente:

1. O colexio abrirá as súas portas en aplicación da Orde do 17 de outubro de 2023 de servizos mínimos, polo que vostedes poderán exercer o dereito de enviar ás/aos súas/seus fillas/os á escola.

2. Non se pode garantir que se impartan as aulas de xeito normalizado, porén manteranse a vixilancia e coidado das/dos menores de idade que acudan ao centro.

3. Independentemento dos prexuizos que esta medida pode causar nas familias o exercicio á folga é un dereito recoñecido pola nosa Constitución (art. 28.2).

4. O servizo de transporte e comedor funcionarán con normalidade.

Un saúdo,

A dirección do Centro. 

 

 

INFORMACIÓN PARA AS ACTIVIDADES DO PAVILLÓN "MONTE DOS POSTES"

Estimadas familias:

Hoxe, día 19 de outubro de 2023, suspéndese a actividade extraescolar de baloncesto debido as condicións climáticas (pola tarde). A actividade de "Predeporte" realizarase no  colexio. Síguense as recomendacións indicadas polo Concello. 

Un saúdo.

Día do Pilar

Estimadas familias:

O día do Pilar, 12 de outubro, é festivo polo tanto non haberá actividade lectiva no centro. Reanudaranse as clases o venres 13 de outubro.

Un saúdo. 

Comezo do curso 2023-2024

Estimadas familias:

O vindeiro 11 de setembro comezan as clases ás 9.00 horas e rematan ás 14.00 horas, agás os/as alumnos/as de período de adaptación de Educación Infantil (3 anos). A continuación achégase un cadro de entradas e saídas do alumnado. 

ENTRADA

9:00

SAÍDA

13:55

14:00

Psicomotricidade

1º A    6ºA

1º B    6ºB

2º C    5ºA

2º B    5ºB

Psicomotricidade

1º A

1º B

2º C

2º B

6ºA

6º B

5º A

5º B

Dirección

3º A    4ºA

3ºB    4ºB

2ºA                

Dirección

2º A

3ºA

3ºB

4ºA

4ºB

Zona ascensor

5 anos A

5 anos B

3 anos A

3 anos B

Zona ascensor

3 anos A

3 anos B

 

5 anos A

5 anos B

Porta sala caldeiras

4 anos B

Porta sala caldeiras

4 anos B

 

--------------

Porta principal

4 anos A

Porta principal

4 anos A

-------------

Un saúdo.

SOLICITUDE DO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES 2023-2024

Estimadas familias:

O Concello de Santiago de Compostela abre o prazo de matrícula para usuarias/os de comedor e madrugadoras/es, desde o 18 de xullo ao 28 de agosto de 2023 (os dous incluídos). As/Os novas/os usuarias/os deberán entregar cuberta a ficha de incripción e achegarana ao Concello de Santiago de Compostela, ben a través de xeito telemático na sede electrónica ou ben presencial no rexistro xeral; posteriormente rexistraranse na APP ColeChef. Para calquera consulta dirixirse ao Departamento de Educación do Concello a través dos teléfonos: 981 554 400/981 554 401. Achéganse unha serie de documentos de interese:

- Información, prazos e procedemento.

- Carta informativa da APP ColeChef.

- Folla de inscrición nos servizos de comedor e madrugadoras/es.

- Nota informativa sobre cobro do servizo de madrugadoras/es e comedor.

- Nota informativa relativa a ausencias.  

Un cordial saúdo.

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO

Xa está publicada, no taboleiro de anuncios do colexio, a listaxe definitiva do Fondo Solidario (14/07/2023).

Un saúdo.

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO

Xa está publicada, no taboleiro de anuncios do colexio, a listaxe provisional do Fondo Solidario. O prazo de reclamacións remata o xoves 13 de xullo.

Un saúdo.

Distribuir contido

Back to top