Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa

Estimadas familias:

O venres 15 de marzo comeza o prazo de inscrición no programa Municipal de conciliación de Semana Santa, desenvolveranse os días 15, 16, 17 e 22 de abril no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Raíña Fabiola.

Para maior información premer aquí.

Un saúdo.

 

FOLGA DO 8 DE MARZO

Estimadas familias:

O día 8 de marzo está convocada unha Folga con motivo do día da Muller. Debido a que hai varios/as mestres/as que exercerán o seu dereito de ir á folga:

1. O colexio abrirá as súas portas en aplicación da Orde da Xunta de servizos mínimos, polo que vostedes poderán exercer o dereito de enviar aos seus/súas fillos/as á escola.

2. Non se pode garantir que se impartan as aulas de xeito normalizado, porén manterase a vixilancia e coidado dos/das menores de idade que acudan ao centro.

Independentemente dos prexuízos que esta medida pode causar nas familias o exercicio á folga é un dereito recoñecido pola nosa Constitución (art. 28.2).

Un saúdo,

A dirección do Centro.

Ponte da Constitución

Estimadas familias:

Debido á ponte da Constitución reanudaranse as clases o vindeiro luns día 10 de decembro.

Un saúdo e boa ponte.

Programa municipal de conciliación de Nadal 2018

Estimadas familias:

O venres 16 de novembro de 2018 abriuse o prazo de inscrición no Programa de Conciliación laboral e familiar de Nadal 2018, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía.

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa  de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro de 2018, e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019 nos CEIP Monte dos Postes e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.

Un saúdo.

Documentos adxuntados:

Ficha de inscrición

Información inscrición

Carta programa Conciliación Nadal

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

A continuación achégase información detallada das eleccións ao Consello Escolar dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado. Aqueles que desexen presentar a súa candidatura poden descargar desta páxina a papeleta.

Información

Papeleta

Un cordial saúdo.

EXPOSICIÓN DE OUTONO

Estimadas familias:

Mañá, martes día 30 de outubro, estará aberta a exposición de produtos propios do outono pola tarde. Esperamos que vos guste.

Un saúdo.

HORARIO REUNIÓNS FAMILIAS

DÍA

CURSOS

HORA

Martes 18 de setembro

1º e 2º de Primaria

16.30 horas

 

 

Martes 25 de setembro

5º, 6º de Primaria

16.30 horas

Infantil 4 anos

17.00 horas

 

 

Martes 2 de outubro

 

 

3º e 4º de Primaria

 

16.30 horas

Infantil 5 anos

17.00 horas

BECAS ALUMNADO CON NEAE

 

Aberto o prazo para a presentación de becas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo (NEAE) dende o 15 de agosto de 2018 ata o 27 de setembro de 2018

Enlace á páxina do ministerio. 

Distribuir contido

Back to top