ADMISIÓN 2023

PREMA AQUÍ PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN SOBRE A ADMISIÓN 2023 

 

Publicación das listaxes provisionais......... 25 de abril

Publicación das listaxes definitivas .......... 15 de maio 

Moncho - In memoriam

O venres 17 de febreiro deixounos Ramón Díaz (Moncho) membro fundador de Fuxan os Ventos, un dos grupos máis emblemáticos de Galicia.

Neste colexio tivemos o luxo de contar coa súa presenza xunto con Guille, de “Berrogüeto”, e Faia de “De Vacas” en maio de 2018.

Desde o ano 2020 forma parte da comunidade educativa de Monte dos Postes.

Hoxe queremos facerlle unha pequena homenaxe recordándoo neste vídeo nunha emotiva actuación que cantamos con el a canción “O carro”. Fermosa canción para unha voz ben fermosa.

Grazas a estes artistas e especialmente a Moncho por facernos tan felices ese día. Nunca te esqueceremos!!!.

Ponte de Entroido 2023

Estimadas familias:

Ata o vindeiro xoves 23 de febreiro non se reanudará a actividade lectiva. 

Boas festas!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA FAMILIAS DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

DÍA: MARTES 28 DE FEBREIRO

HORA: 17.30H 

AS FAMILIAS QUE VEÑAN EN COCHE DEBERÁN APARCAR FÓRA DO RECINTO.

MANDADAS DA MECA (ANTROIDO 2023)

DÍA DA PAZ 2023

 

 

 

Solicitude de Admisión no IES

Estimadas familias do alumnado de 6º:    

Comunicámoslles que do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro, estará aberto o prazo para solicitar a reserva nos institutos adscritos ao noso colexio (IES Antonio Fraguas e IES Xelmírez II).   

A reserva de praza ten carácter vinculante. A existencia dunha solicitude de admisión presentada sen ter renunciado á praza reservada en día 28 de febreiro, poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.     
As familias poderán cumprimentar a solicitude de xeito manual (copia que se entregará a todo o alumnado) ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) no menú: solicitudes-reserva-crear. Unha vez cuberta, deberase presentar no centro de orixe (CEIP Plurilingüe Monte dos Postes) ou  en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do procedemento administrativo común incluída a Sede Electrónica se teñen chave 365 ou certificado dixital.       

Se os/as alumnos/as van solicitar praza noutro centro non adscrito ao CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, deberán facelo durante o período ordinario de admisión (normalmente entre o 1 e o 21 de marzo).
      
IMPORTANTE: A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis)    

Un cordial saúdo,
Equipo Directivo.

 

 

Charla Ciberacoso

Estimadas familias:

Achégase a charla ofrecida no colexio sobre Ciberacoso.

Un saúdo.

Prema aquí!

Eleccións a Consello Escolar

O proceso de eleccións ao Consello Escolar do centro comezou coa constitución da Xunta Electoral. A información sobre o proceso foi achegada por correo electrónico. A continuación achégase a folla de inscripción das candidaturas. Lembrar que o prazo comeza hoxe día 10 de novembro e remata o día 18 ás 14.00 horas.

Un saúdo.

Folla de inscripción (premer aquí)

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR: SORTEO DE MEMBROS PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Estimadas familias:

Este ano comeza a renovación do Consello Escolar do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes. O proceso estará regulado a través da Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para as eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. 

A organización e a supervisión do procedemento de elección de novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, integrada por:

  • O director
  • Un profesor ou profesora
  • Un pai ou unha nai
  • Un PAS

Os tres últimos serán designados por sorteo público segundo establece o artigo 30 do Decreto 98/1988, do 28 de abril e tamén se preverá a designación de membros suplentes. Celebrarase neste centro o próximo 2 de novembro, mércores, ás 9.05 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións das distintoas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes.

Un saúdo.

Distribuir contido

Back to top