Recollida dos Historiais académicos de 6º de Educación Primaria

Estimadas familias:

Desde hoxe, día 27 ata o 30 de xuño (ambos incluídos), pódese vir a recoller en horario de 9.30 ata as 13.30 horas os historiais académicos de 6º de Educación Primaria.

Un saúdo.

 

REUNIÓN INFOMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE SE INCORPORA AO CENTRO NO VINDEIRO CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

O martes 28 de xuño convócase ás familias do novo alumnado de Educación Infantil para unha xornada de portas abertas. Celebraranse dúas reunións, unha para cada grupo: 3 anos A e 3 anos B. 

- 11.00 horas: Educación Infantil 3 anos A

- 12.00 horas: Educación Infantil 3 anos B

Comunicarase a través do correo electrónico a hora de reunión correspondente.

Un saúdo. 

MATRÍCULA 2022 2023

MATRÍCULA (DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2022) . PREMA AQUÍ PARA VER TODA A INFORMACIÓN. 

VISITA Á IGREXA DE SAN MIGUEL

Onte fixemos unha actividade que estábamos desexando recuperar despois destes dous anos de pandemia. Fomos a visitar o órgano da igrexa de San Miguel. 

Como xa viña sendo tradición as nenas e os nenos de 6º cara o fin de curso tiñamos por costume facer esta visita didáctica tan bonita e interesante tendo como guía nada máis e nada menos que ao seu organista; Miguel Sánchez que ademais éo pai de dúas alumnas do colexio. Moitas grazas Miguel! Unha vez máis todo un éxito! Parabéns! 

Completamos a mañá con outra actividade tamén moi interesante; a visita ao museo das Peregrinacións. Queremos darlle as grazas tamén ás voluntarias que nos explicaron con paciencia e entusiasmo as historias e anécdotas diante de obxectos moi valiosos e atractivos que nos axudaron a entender mellor a historia da nosa cidade. Grazas! Aí vos queda unha pequena escolma destas actividades. 

 

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE VERÁN 2022

Estimadas familias:

Ábrese o prazo para solicitude dos campamentos de verán 2022 que oferta o Concello de Santiago. O prazo de solicitude de inscrición establécese entre o 1 e 8 de xuño de 2022 (ambos os dous inclusive). Se unha vez rematado o prazo quedan prazas libres nalgunha quenda, poderán presentarse solicitudes que se irán adxudicando por orde de entrada no Rexistro.

Premer aquí para a consulta da información WEB do Concello

Información

Modelo de solicitude

A TROPA DE TRAPO E GRAFFITI

A semana pasada visitounos a Tropa de Trapo e tamén Leandro Lamas que xunto co alumnado de 6º de primaria pintaron un graffiti na parede do pavillón. Ambas actividades están financiadas pola ANPA con fondos da Deputación da Coruña.

MAIOS E LETRAS GALEGAS 2022

O pasado venres 20 de maio celebramos no colexio a festa dos maios e das Letras Galegas. Aínda que non puidemos ter o público doutros anos, aquí vai un pequeno resumo desta festa tan especial e coa que gozamos un montón!! 

Este ano contamos cuns invitados de luxo; Branca Villares e Pablo Pintor. Esta actividade foi financiada pola ANPA con fondos da deputación da Coruña. 

 

PONTE DA ASCENSIÓN

Estimadas familias:

O xoves 26 de maio, celébrase a festa da Ascensión (festa local no Concello de Santiago de Compostela), o venres día 27 de maio é o día non lectivo solicitado polo Consello Escolar do Centro, polo que tampouco haberá clase.

As clases reanudaranse o luns día 30 de maio.

Un cordial saúdo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO / AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO / MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

 A Consellería publicou a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula o Fondo Solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar:

  - Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

  • Renda igual ou inferior a 6.000 euros (240 euros)
  • Renda superior a 6.000 euros e inferior a 10.000 (160 euros)                                                           

  - Fondo Solidario de Libros de Texto para alumnado de 3º e 4º de Primaria, xa que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria utiliza o Proxecto E-dixgal e non precisa solicitalo.

  • Renda igual ou inferior a 6.000 euros (6 libros)
  • Renda superior a 6.000 euros e inferior a 10.000 (4 libros)  

  - Axudas para adquirir material escolar de Educación Primaria. Lembrade que o alumnado de 5º e 6º de E-dixgal poden solicitar esta axuda.

 

  • Renda igual ou inferior a 6.000 euros (75 euros)
  • Renda superior a 6.000 euros e inferior a 10.000 (60 euros)  

 Para respectar as recomendacións sanitarias do COVID-19 achéganse as seguintes quendas para a presentación de solicitudes: 

Data e hora

Solicitude de libros de texto

Solicitude de material

Do 23 ao 30 de maio de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 1º de Educación Primaria

Alumnado que pasa para 1º e 5º de Educación Primaria (5º non pode solicitar libros de texto xa que utiliza computadores do proxecto E-dixgal)

Do 31 de maio ao 6 de xuño de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 2º de Educación Primaria

Alumnado que pasa para 2º e 6º de Educación Primaria (6º non pode solicitar libros de texto xa que utiliza computadores do proxecto E-dixgal)

Do 7 ao 14 de xuño de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 3º de Educación Primaria

 

Do 14 ao 21 de xuño de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 4º de Educación Primaria

***O curso que vén cambian os libros de 4º, polo tanto só haberá libros para o alumnado que lle corresponde por renda***

***Do 20 de maio ao 21 de xuño no IES no que solicita praza***

***Alumnado que pasa para 1º da ESO***

A solicitude é única para todos/as os fillos/as que estean matriculados no mesmo centro. A solicitude pode cumprimentarse:

 - De xeito manual, imprimindo ou recollendo o anexo I e II e facendo a entrega de forma presencial no centro nas datas indicadas.

 - Na aplicación Fondo Libros, xerando un número de solicitude e realizando a presentación ben na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou ben de forma presencial no centro.

 ***Lembrade que o prazo para a presentación de solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño, ambos inclusive.***

Para máis información premer:

Convocatoria

Anexo I e II

Enlace a Fondo Libros

Distribuir contido

Back to top