LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDAS/OS

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2022/2023. Non houbo cambios con respecto ás provisionais. 

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

Achégase a convocatoria de axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (2º ciclo) e de Educación Primaria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2022-2023. O prazo de solicitude remata o día 18 de maio (este día incluído).  

A continuación achéganse os documentos:

- Información BOP

- Bases 

- Solicitude

Un saúdo.

Obradoiro sobre os artrópodos

 

A semana pasada realizouse no centro unha charla sobre os artrópodos. Asistiu o alumnado de 6º de EI e 1º EP. Dita actividade foi financiada pola ANPA con fondos da Deputación da Coruña. 

 

Uso de máscaras

Estimadas familias:

A consellería remite as directrices para o uso de máscaras nos Centros Educativos.

Para obter máis información premer aquí.

Un saúdo.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Estimadas familias:

Ata o martes día 19 de abril non se reanudará a actividade académica.

Boas vacacións.

Publicación de listaxe provisional de admitidas/os curso 2022-2023

Estimadas familias:

As listaxes provisionais de admitidas/os para o curso 2022-2023 están publicadas no taboleiro de anuncios do colexio. Lembrar que todas as solicitudes están admitidas.

 

Un saúdo.

Admisión de novo alumnado. Curso 2022-23

Estimadas familias:

Todas as solicitudes presentadas ata o día 21 de marzo de 2022 foron admitidas. As listaxes provisionais publicaranse antes do 25 de abril.

Un saúdo.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO)

Na semana do 8 de marzo quixemos facer unha pequena homenaxe a todas as nosas matriarcas adicándolle este vídeo cos nosos corazóns feministas ao son da canción de Guadi Galego "Matriarcas".

Grazas á colaboración da ANPA, nas clases de 5º e 6º impartíronse obradoiros de prevención de violencias e fomento da igualdade a cargo de Branca Villares.

Somos feministas porque o feminismo é igualdade!!

PONTE DO ENTROIDO

Estimadas familias:

Ata o vindeiro xoves día 3 de marzo, non se retoman as clases. Pasade un moi bo Entroido!

Un saúdo.

Distribuir contido

Back to top