BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
MATRICULACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-2023
Enviado por admin2 o Ven, 17/06/2022 - 04:43
As familias do alumnado admitido no centro para o vindeiro curso 2022/2023 deberá formalizar a matricula na Secretaría do centro entregando a seguinte documentación. O prazo abranguerá do 20 ao 30 de xuño.
- IMPRESO DE MATRÍCULA. Pode recollerse na secretaría do centro ou descargalo premendo AQUÍ.
- 2 FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ ACTUAIS.
- FOTOCOPIA DA CARTILLA DE VACINAS.
- FOTOCOPIA DA TARXETA DA SEGURIDADE SOCIAL, por ambas caras.
- FOTOCOPIA DO DNI DO PAI E DA NAI.
- FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA, ou calquera outro documento que acredite a tutela do menor.
- DOCUMENTACIÓN ENTREGADA NO CENTRO para firmar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO_III_1.Formalización de matrícula_22_23. pdf.pdf | 128.45 KB |
»
- blogue de admin2
- APIs de Blogue