BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

Normas Xerais

INICIO DE CURSO 2020-21

Queridas familias. O curso escolar en Galicia comezará o día 10 de setembro coa INCORPORACIÓN GRADUAL DO ALUMNADO do seguinte xeito, como podedes atopar na web da Consellería de Educación (enlace Web Consellería).

- Os primeiros en incorporarse ás aulas o xoves 10 de setembro serán o alumnado de 5º de Educación Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

- Ao día seguinte, o venres 11 de setembro, iniciarán o curso escolar o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarían xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria (excepto 3 anos).

- O alumando do 4º curso de Educación Infantil (3 anos), comezará o Período de adaptación o venres 11 de setembro.

 

O luns publicaremos o  horario detallado de entradas e saídas por cursos. Adiantamos que serán de forma escalonada para evitar aglomeracións. Antes do inicio das clases darémosvos a coñecer o noso Plan de Adaptación á Situación Covid a través da nosa web. 

Dende o Centro estamos tomando as medidas necesarias, segundo os medios dos que dispoñemos, para crear un entorno o máis seguro posible para o noso alumnado.

ÁNIMO PARA TODOS/AS, DESEXAMOS QUE TODO SAIA BEN!!!

NORMAS XERAIS DO CENTRO

 

NORMAS XERAIS DO NOSO CENTRO
Entradas e saídas:
  • O alumnado de Ed. Primaria permanecerá no patio cuberto ata que toque o timbre para unha entrada ordenada.
     
  • O alumnado de Ed. Infantil agardará con seus acompañantes na porta dereita da entrada ao edificio. 

  • O alumnado de Ed. Primaria sairá ordenadamente ata o patio cuberto para a súa recollida.

  • O alumnado de Ed. Infantil será recollido na porta dereita do edificio arredor das 13:50 para non coincidir coa saída do alumnado de primaria. 

  • A saída dun alumno/a en horario lectivo será notificada na secretaría do centro e deberá ser cumprimentado o rexistro correspondente.
Secretaría: O horario de secretaría do centro para calquera consulta ou xestión será de 9:00 ás 9:50 horas e de 13:15 a 14:00 horas os luns, mércores e venres.
Información: Na páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteirobembrive, tedes información xeral sobre todo o relacionado co colexio.
Servizos:
  • Transporte: Haberá transporte escolar no mes de setembro co mesmo prezo, horario e paradas. Non sendo concedida a inclusión do centro na Rede de Transporte Escolar de Galicia, seguiremos traballando para poder ter este servizo este curso escolar.

  • Comedor: O servizo iniciarase o primeiro día de clase das 14:00 horas ás 15:55. Durante o curso aqueles nenos/as que cambien os días de utilización deste servizo ou desexen utilizalo periodicamente, deberán cumprimentar o impreso correspondente na dirección do centro. Os nenos/as que esporadicamente desexen utilizalo, deberán contactar no teléfono 665860811 entre as 8:00 e ás 9:00 da mañá.

  • Plan Madruga: o servizo de apertura anticipada é das 7:45 ás 9:00 da mañá.

  • Actividades extraescolares: No mes de setembro entregarase unha circular para a elección de actividades durante os meses de outubro a maio, ámbolos dous inclusive, intentando o menor número de cambios.  Decidirase en asamblea ordinaria o cadro definitivo.
Cumpres
  • Na escola tratamos de crear hábitos de alimentación sana e educar no consumo razonable a través de diversas actividades e programas en función destes obxectivos educativos.

  • O alumnado, cando cumpra  anos, non traerá ao Colexio ningún tipo de agasallos ou lambetadas.

  • Para a potenciación do grupo clase e a convivencia entre ao alumnado, dentro do colexio non se repartirán invitacións para festas de cumpres (as familias cooidarán de facelo á saída do colexio, con chamadas particulares...) nin se entregarán agasallos derivados desas invitacións a estas celebracións.
Outros:
  • É importante a asistencia e puntualidade do alumnado.

  • Evitarase subir ás clases para falar co titor/a en horario lectivo.

  • O alumnado deberá traer marcada co seu nome e apelidos aquela roupa que normalmente saque ou/e poña no colexio.

  • A atención aos pais/nais será os martes das 18:00 horas ás 19:00.

  • Non está permitido acceder ao recinto escolar con calquera vehículo.

  • Deberase deixar libre o espazo reservado para o Autobus Escolar.

  • A porta traseira do recinto escolar deberase pechar sempre despois de entrar ou saír.

 

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo